LEICEAGA LAMENTA QUE “FEIJÓO FRIVOLICE E CRITIQUE Á OPOSICIÓN, EN VEZ DE RECOÑECER QUE HAI PROBLEMAS E RESOLVELOS”

LEICEAGA LAMENTA QUE “FEIJÓO FRIVOLICE E CRITIQUE Á OPOSICIÓN, EN VEZ DE RECOÑECER QUE HAI PROBLEMAS E RESOLVELOS”

LEICEAGA LAMENTA QUE “FEIJÓO FRIVOLICE E CRITIQUE Á OPOSICIÓN, EN VEZ DE RECOÑECER QUE HAI PROBLEMAS E RESOLVELOS”

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, lamentou hoxe en Vilagarcía que “Feijóo frivolice e critique á oposición con cortiñas de fume, en vez de recoñecer que hai problemas e resolvelos, vive nun mundo paralelo e non ten compromiso”.

Leiceaga mantivo hoxe unha reunión co grupo municipal socialista de Vilagarcía encabezado polo alcalde, Alberto Varela, dentro da rolda que o leva polas principais cidades galegas durante este mes. O candidato do PSdeG denuncia que os concellos gobernados por socialistas asuman investimentos “pola desidia e a discriminación” do goberno galego.

“É necesario un cambio en Galicia, o trato recibido por Vilagarcía é similar ao doutros municipios con alcalde do PSdeG”, dixo Leicega, que lembrou “a ausencia de investimentos en infraestruturas sanitarias, como a necesidade que hai aquí dun novo centro de saúde ou dunha ambulancia medicalizada os doce meses do ano”.

“Falamos tamén do saneamento das rías, un tema fundamental no que é evidente o mal uso dos fondos europeos nos últimos anos; a Xunta non inviste e están en xogo aspectos como o turismo, o marisqueo e a pesca en xeral”, manifestou.

Leiceaga fixo tamén referencia “ao transporte, Vilagarcía necesita unha intermodal ligada á parada do AVE, pero non é una prioridade para o Partido Popular”. “Os socialistas impulsaremos un plan específico de atención ás áreas urbanas desde a Xunta”, rematou.

Pola súa parte, o alcalde Alberto Varela insistiu “na pasividade da Xunta, tanto nas grandes infraestruturas como nas obras pequenas, somos unha cidade de servizos pero temos tamén que atraer industria”, engadindo a necesidade “dun novo xulgado” para Vilagarcía.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar