LEICEAGA LAMENTA “A DESESPERACIÓN DE FEIJÓO, QUE QUERE EMENDARSE A SI MESMO EN DOUS MESES”

LEICEAGA LAMENTA “A DESESPERACIÓN DE FEIJÓO, QUE QUERE EMENDARSE A SI MESMO EN DOUS MESES”

LEICEAGA LAMENTA “A DESESPERACIÓN DE FEIJÓO, QUE QUERE EMENDARSE A SI MESMO EN DOUS MESES”

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, lamentou esta tarde a desesperación de Alberto Núñez Feijóo, “que quere emendarse a si mesmo en dous meses”.

Leiceaga salienta o carácter electoralista da medida de abono inmediato aos empregados públicos das pagas suprimidas en 2012 e 2013, anunciada esta tarde. Considera que “Feijoo está desesperado porque sabe que vai perder os eleccións dentro de 51 días e pretende que os galegos esquezan os recortes do seu goberno con medidas electoralistas como esta”.

“Núñez Feijóo pretende lavar a súa imaxe cun electoralismo descarado, quere que os galegos e galegas esquezan o que non fixo en dúas lexislaturas, pero non dará resultado, o seu tempo está esgotado”, afirma o candidato dos socialistas.

“Feijóo debilitou os servizos públicos e non potenciou aos empregados públicos durante o seu goberno, e agora quere solucionar nun mes o que non fixo en anos”, engade Leiceaga, que sinala que “o Feijóo dos recortes só se acorda dos galegos cando chegan as eleccións”.

“Frente ao electoralismo de Feijóo, os socialistas galegos apostamos polos servizos públicos e consideramos que o apoio aos seus traballadores públicos hai que facelo sempre e de forma integral, non só cando hai eleccións”, rematou.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar