LEICEAGA: “IMPULSAREMOS HEMODINÁMICA AS 24 HORAS EN LUGO E A ‘RUTA DO CANCRO’ SERÁ UNHA LEMBRANZA DO PASADO”

LEICEAGA: “IMPULSAREMOS HEMODINÁMICA AS 24 HORAS EN LUGO E A ‘RUTA DO CANCRO’ SERÁ UNHA LEMBRANZA DO PASADO”

LEICEAGA: “IMPULSAREMOS HEMODINÁMICA AS 24 HORAS EN LUGO E A ‘RUTA DO CANCRO’ SERÁ UNHA LEMBRANZA DO PASADO”

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, comprometeuse hoxe a poñer en marcha “un servizo de hemodinámica as 24 horas en Lugo” e a dar “pasos en firme para rematar coa ruta do cancro, que tanta dor causa”.

Leiceaga participou nunha xuntanza sectorial de sanidade na que tamén interviron a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a número dous da candidatura pola provincia, Concepción Burgo. “Feijóo está de viaxe falando de España e do País Vasco, pero non ten interese en falar das cuestións que afectan a Galicia ou en facer balance; cumpriu con Montoro, pero non coa sanidade, o emprego ou a dependencia”, asegurou o candidato socialista.

“Revertiremos as privatizacións e facilitaremos o acceso a todos os cidadáns aos servizos sanitarios, recuperando o sistema de atención sanitaria global que tiña Galicia no 2008”, afirmou Leiceaga, que se comprometeu a contratar a 1.500 novos profesionais e a rematar coas listas de espera de máis de seis meses.

En opinión do socialista, “levamos sete anos de paralise e recortes por parte do PP, nin sequera houbo un cumprimento das decisións parlamentarias”, criticando “a apertura a tempo parcial de hemodinámica en Lugo ou a perda de funcións dos hospitais de Burela e Monforte”.

“Os socialistas faremos unha campaña propositiva centrada nos problemas dos cidadáns e a sanidade é unha cuestión fundamental; Feijóo non resolveu os problemas dos galegos nestes anos”, rematou.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar