LEICEAGA IMPULSARÁ “UN CONSORCIO DO CAMIÑO DE SANTIAGO” PARA DEFENDER O SEU PATRIMONIO CULTURAL E MANTER O ATRACTIVO TURÍSTICO

LEICEAGA IMPULSARÁ “UN CONSORCIO DO CAMIÑO DE SANTIAGO” PARA DEFENDER O SEU PATRIMONIO CULTURAL E MANTER O ATRACTIVO TURÍSTICO

LEICEAGA IMPULSARÁ “UN CONSORCIO DO CAMIÑO DE SANTIAGO” PARA DEFENDER O SEU PATRIMONIO CULTURAL E MANTER O ATRACTIVO TURÍSTICO

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, defendeu hoxe en Sarria a posta en marcha “dun Consorcio do Camiño de Santiago” para coidar o seu patrimonio cultural e manter o atractivo turístico.

Leiceaga fixo declaracións aos medios de comunicación tras recorrer unha etapa do Camiño á inversa entre Sarria e Samos, “como símbolo dos miles de galegos, sobre todo mozos, que tiveron que marchar de Galicia para desenvolver a súa carreira profesional por culpa da política económica e de emprego de Feijóo”.

“Feijóo presume dos seus feitos e un deses feitos é a expulsión de miles de mozos de Galicia por falta de oportunidades”, apuntou o socialista, que fixo o tramo xunto aos candidatos polo PSdeG da provincia e a alcaldesa de Sarria, Pilar López.

Con respecto ao Camiño, afirmou que “é un itinerario cultural de enorme riqueza que debe ser coidado de maneira preferente, xa que tamén é unha oportunidade de emprego, pode resolver o modo de vida de moitos galegos en zonas rurais que necesitan un impulso”.

“Galicia necesita unha política de patrimonio cultural ligada o Camiño, o consorcio servirá para garantir unha estabilidade na programación das iniciativas necesarias entre a Xunta e os municipios polos que pasa algunha das rutas”, engade.

“Temos que proxectar mellor o Camiño, así como outros temas relacionados coa cultura e a identidade galega”, dixo Leicega, que rematou manifestando que “a política en defensa do noso patrimonio cultural e a colaboración entre administracións serán prioridades na nosa acción de goberno”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar