LEICEAGA: “IMOS ÁS AUTONÓMICAS SEN MEDO PARA PLANTEXAR PROPOSTAS DIFERENTES E NOVIDOSAS, COS SERVIZOS BÁSICOS E O EMPREGO COMO CUESTIÓNS PRIORITARIAS”

LEICEAGA: “IMOS ÁS AUTONÓMICAS SEN MEDO PARA PLANTEXAR PROPOSTAS DIFERENTES E NOVIDOSAS, COS SERVIZOS BÁSICOS E O EMPREGO COMO CUESTIÓNS PRIORITARIAS”

LEICEAGA: “IMOS ÁS AUTONÓMICAS SEN MEDO PARA PLANTEXAR PROPOSTAS DIFERENTES E NOVIDOSAS, COS SERVIZOS BÁSICOS E O EMPREGO COMO CUESTIÓNS PRIORITARIAS”

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, asegurou hoxe en Pontevedra que os socialistas galegos acudirán “ás eleccións autonómicas sen medo para plantexar propostas diferentes e novidosas, cos servizos básicos e o emprego como cuestións prioritarias”.

“Os cidadáns poderán elixir entre dúas alternativas; o proxecto do PP de Feijóo, baseado na continuidade e na inercia, e o proxecto do PSdeG, que terá unha renovación profunda”, apuntou Leiceaga, líder dunha candidatura que presentará no seu programa electoral propostas “para preservar a sanidade e a educación pública, destinadas á promoción económica e tamén á necesidade de recuperar a converxencia con Europa”.

Leiceaga mantivo hoxe en Pontevedra unha reunión co grupo municipal socialista encabezado por Agustín Fernández, na primeira visita dunha rolda que o levará polas principais cidades galegas nas próximas semanas. “É o tempo de escoitar as demandas da cidadanía”, manifestou.

Con respecto á cidade de Pontevedra, o candidato socialista apuntou a necesidade “de poñer en marcha un novo colexio público en Valdecorvos e unha nova escola infantil na cidade”, garantindo o compromiso socialista “para articular un plan de centros galegos que atenda estas necesidades”.

Os socialistas garanten tamén o seu apoio “para acometer despois das autonómicas a ampliación do Hospital de Montecelo e mellorar os seus accesos”. En materia de emprego, Leiceaga aposta, entre outros aspectos, “pola activación económica do eixo entre Pontevedra e o polígono de Barro-Meis”.

Otras iniciativas para a cidade que potenciarán os socialistas serán “a mellora da estrada a Vilagarcía, o transporte metropolitano ou o saneamento das rías, que debe chegar da man dunha xestión integral das rías”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar