LEICEAGA GARANTE “UNHA PROPOSTA SÓLIDA E CENTRADA NAS NECESIDADES DE GALICIA PARA QUE O PSDEG SEXA A ALTERNATIVA AO PP”

LEICEAGA GARANTE “UNHA PROPOSTA SÓLIDA E CENTRADA NAS NECESIDADES DE GALICIA PARA QUE O PSDEG SEXA A ALTERNATIVA AO PP”

LEICEAGA GARANTE “UNHA PROPOSTA SÓLIDA E CENTRADA NAS NECESIDADES DE GALICIA PARA QUE O PSDEG SEXA A ALTERNATIVA AO PP”

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, asegurou hoxe en Santiago que “os socialistas galegos temos unha proposta firme e sólida, centrada nas necesidades de Galicia, para ser a alternativa ao PP”.

Leiceaga mantivo esta tarde en Compostela unha reunión cos dous ex presidentes socialistas da Xunta de Galicia, Fernando González Laxe e Emilio Pérez Touriño. “Quería explicarlles as claves do meu proxecto e intercambiar opinións con dúas persoas tan relevantes no partido”, manifestou o candidato.

“O PSdeG é unha forza política coa experiencia necesaria para presentarse con solvencia ás eleccións de outono, pero tamén con capacidade de renovación”, dixo Leiceaga, que lembrou que os gobernos de Laxe e Touriño “representaron un cambio na forma de facer política”.

“Agora estamos na fase de construír unha alternativa sólida e para iso é importante integrar todas as forzas no proxecto, combinando renovación con experiencia”, engadiu o candidato dos socialistas galegos, que sostén que “o PSdeG será a forza política de referencia”.

Pola súa parte, Touriño afirmou que “Galicia necesita un profundo cambio e unha transformación; Leiceaga será un bo presidente que ama e coñece ben o país, ten sobrada experiencia e capacidade para liderar o goberno e afrontar unha renovación social e económica”.

Por último, González Laxe lembrou que “nos sistemas democráticos sempre houbo alternancias e aquí chegará en outono; agora está Feijóo e nuns meses estará Leiceaga”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar