LEICEAGA GARANTE O COMPROMISO E O APOIO DOS SOCIALISTAS “PARA A PLENA INTEGRACIÓN” DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL

LEICEAGA GARANTE O COMPROMISO E O APOIO DOS SOCIALISTAS “PARA A PLENA INTEGRACIÓN” DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL

LEICEAGA GARANTE O COMPROMISO E O APOIO DOS SOCIALISTAS “PARA A PLENA INTEGRACIÓN” DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, garantiu hoxe no Carballiño o apoio e o compromiso dos socialistas galegos na loita “pola plena integración” das persoas con discapacidade intelectual.

Leicega asistiu, xunto ao alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, á inauguración da 20ª Convivencia Familiar Special Olympics Galicia. “O apoio público é fundamental para que estas persoas teñan unha vida plena, con traballo e autonomía”, manifestou o candidato do PSdeG.

Con respecto ás eleccións autonómicas, afirmou que “o partido está activado, optimista e con ánimo, tanto as primarias como as xerais foron boas para activar a maquinaria do partido, estamos listos para cando Feijóo decida poñer a data das eleccións”.

“Afrontamos a campaña con optimismo, os resultados do pasado domingo foron razoablemente bos en Galicia, cunha tendencia ascendente en porcentaxe voto”, apuntou Leiceaga, que confirmou que “en dúas semanas estará listo o borrador do programa electoral”.

O candidato dos socialistas galegos á presidencia da Xunta dedicará os meses de xullo e agosto “a escoitar os problemas e as demandas da cidadanía”, ademais de explicarlle a diferentes colectivos e agrupacións os puntos básicos do citado programa electoral.

Pola súa parte, o alcalde socialista do Carballiño, Francisco Fumega, lamentou “as desfeitas das políticas neoliberais” do Partido Popular nos últimos anos, antes de considerar básica “a axuda dun Estado socialdemócrata” para as persoas con discapacidade intelectual.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar