LEICEAGA: “FEIJÓO TIÑA SONA DE BO XESTOR E REVELOUSE UNICAMENTE COMO UN CONTABLE, PERO O QUE GALICIA NECESITA É UN PRESIDENTE QUE CREA NELA”

LEICEAGA: “FEIJÓO TIÑA SONA DE BO XESTOR E REVELOUSE UNICAMENTE COMO UN CONTABLE, PERO O QUE GALICIA NECESITA É UN PRESIDENTE QUE CREA NELA”

LEICEAGA: “FEIJÓO TIÑA SONA DE BO XESTOR E REVELOUSE UNICAMENTE COMO UN CONTABLE, PERO O QUE GALICIA NECESITA É UN PRESIDENTE QUE CREA NELA”

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, asegurou hoxe en Santiago que “Feijóo tiña sona de bo xestor e revelouse unicamente como un contable, pero o que Galicia necesita é un presidente que crea nela”.

Na intervención durante o acto de proclamación da súa candidatura e de agradecemento á militancia, celebrado no parque de Bonaval, Leiceaga manifestou que os socialistas galegos “non podemos prometer o ceo nin asaltalo, pero podemos mellorar a terra na que vivimos”.

A presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, abriu o acto para proclamar oficialmente a Leiceaga candidato nas autonómicas de outono, ademais de manter a súa confianza en que “o cambio en Galicia e en España chegará da man dos socialistas”. Despois, interviron o secretario xeral de Xuventudes Socialistas, Aitor Bouza; o presidente da Fegamp, Alfredo García; Gonzalo Caballero; Tania García, concelleira de Vilagarcía; José Miñones, alcalde de Ames, e Mayra Gómez, alcaldesa de Trabada.

No discurso que serviu para pechar o acto, Leiceaga agradeceu a participación da militancia nas primarias e dixo que “é o tempo dun novo comezo para o Partido Socialista de Galicia”, dando “a benvida ao noso proxecto, cos brazos abertos e o corazón limpo, aos que apoiastes outras opcións, porque todos e todas somos necesarios”.

O candidato socialista lembrou que estamos “nun momento crítico, xa que a obsesión polo axuste contable do PP de Feijóo deteriorou os servizos públicos como a sanidade e a educación, afectou negativamente ao ritmo de crecemento económico e precarizou o emprego”.

“Estou diante de vós para dicirvos que o cambio é posible, que existe unha fonda demanda de cambio na sociedade galega e que depende de nós que o impulso transformador que hoxe ten Galicia conclúa nun novo goberno progresista, encabezado polo Partido Socialista, despois dos comicios previstos para o outono”, asegurou.

“Necesitamos cambiar as políticas conservadores por outras progresistas para mellorar a vida da xente e as oportunidades de futuro para todos e todas; é por isto polo que decidín dar o paso de competir para chegar a ser presidente da Xunta de Galicia”, apuntou.

Xoaquín Fernández Leiceaga engadiu que “a alternativa de cambio seria e solvente que os cidadáns precisan é a do noso partido; sempre que houbo cambio político en Galicia, o liderado foi do Partido Socialista”, prometendo para rematar “unha alternativa que exprese con nitidez un contido de cambio, con rigor e solvencia”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar