LEICEAGA: “FEIJÓO ESTÁ NERVIOSO E PREOCUPADO, SABE QUE OS SOCIALISTAS SOMOS UNHA AMEAZA, NÓS SOMOS A ALTERNATIVA”

O candidato dos socialistas galegos á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, asegurou hoxe no Barco de Valdeorras que “Feijóo está nervioso e preocupado, sabe que somos unha ameza e que nós somos a alternativa”.

A preguntas dos medios de comunicación e facendo referencia ás declaracións de hoxe pola mañá do presidente da Xunta, Leiceaga considera que “Feijóo está preocupado polo avance do Partido Socialista e as súas declaracións son un recoñecemento de que a alternativa ás políticas do PP somos nós”.

Con respecto aos primeiros días de campaña, o socialista manifestou que “teño boas vibracións, as nosas propostas son ben recibidas”, ao tempo que manifestou o seu desexo de que o debate desta noite sirva para “contrastar posicións”.

Esta tarde, Leiceaga mantivo varios encontros con empresarios e sindicatos da comarca de Valdeorras, nos que coñeceu as súas demandas en materia de infraestruturas e melloras para os traballadores.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar