Leiceaga esixe continuar co programa de incentivos para o profesorado universitario de Galicia

Leiceaga esixe continuar co programa de incentivos para o profesorado universitario de Galicia

Leiceaga esixe continuar co programa de incentivos para o profesorado universitario de Galicia

O portavoz de Universidade do Grupo Parlamentario Socialista Xoaquín Fernández Leiceaga anunciou hoxe que rexistrou diversas iniciativas na Cámara Autonómica nas que reclama ao Goberno de Feijoo continuar co programa de incentivos para o profesorado universitario de Galicia, convocando neste ano o recoñecemento de méritos de excelencia curricular que dea continuidade á orde de 16 de outubro de 2006.

O deputado advirte que a Orde do 16 de outubro de 2006 da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria publicaba un Protocolo de Avaliación de méritos e circunstancias específicas do profesorado universitario que desenvolvía o Decreto 55/2004, de 4 de marzo, posibilitando que foran recoñecidos os complementos de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora e de recoñecemento por cargos de xestión aos profesores universitarios de Galicia.

Leiceaga afirma que estes complementos, concedidos a aproximadamente un millar de profesores universitarios, tiñan unha parte consolidable e unha parte non consolidable, cunha duración de 5 anos, que remataría xustamente o 30 de xuño de 2011. Puntualiza que “eses complementos, de acordo coa orde, serían financiados pola Comunidade Autónoma e pagados polas distintas universidades”.

Así as cousas denuncia que “unha vez rematado o prazo para o que foron concedidos os complementos non consolidables, os profesores estaban recibindo a comunicación polas universidades que deixarán de aboar con efectos de 1 de xullo a retribución correspondente ao complemento de recoñecemento de excelencia curricular”.

O parlamentario asevera que a cuestión central é que a Xunta de Galicia non efectuou a convocatoria que permita aos profesores citados, e a outros, acreditar a consecución de méritos durante o último período de cinco anos, que lles permitiría seguir percibindo a citada retribución.

Asegura que “o Goberno de Feijoo rompe coa política de asignación de incentivos á excelencia curricular que iniciara o último Goberno Fraga (sen completar os trámites administrativos) e concretara e fixera efectivo o Goberno Touriño”, lembrou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar