Leiceaga esixe ao Goberno de Feijóo que garanta o futuro dos Campus de Exelencia do SUG

Leiceaga esixe ao Goberno de Feijóo que garanta o futuro dos Campus de Exelencia do SUG

Leiceaga esixe ao Goberno de Feijóo que garanta o futuro dos Campus de Exelencia do SUG

O portavoz de Educación do Grupo Socialista Xoaquin Fernández Leiceaga rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamar ao Goberno de Feijoo garantir o futuro dos Campus de Excelencia no noso sistema universitario (SUG), e a substitución dos créditos anulados polo Ministerio por outros outorgados pola propia Xunta de Galicia.

Leiceaga explica que o Ministerio de Educación e Cultura ven de anunciar a anulación do apoio financeiro previsto aos Campus de Excelencia Internacional, (agás en Madrid e La Rioja), a través de créditos –que representa a parte do león das axudas.

Advirte que esta anulación “trae conta da necesidade de cumprir coa lei de estabilidade orzamentaria, de acordo coas explicacións ministeriais”, en concreto coa disposición adicional 41 da Lei de orzamentos do ano 2011, que indicaría que as Comunidades Autónomas que non cumpran co plan de estabilidade non poderán recibir créditos.

O deputado denuncia que esta medida “compromete gravemente o futuro destes programas, que están sendo impulsados no ámbito europeo, e, deste xeito, a competitividade internacional da universidade española, e o sistema universitario galego en particular.”

Sinala tamén que algunha comunidade autónoma xa manifestou a súa decisión de achegar os recursos necesarios de xeito autónomo, con independencia do que faga o Ministerio.

Que datos ten a Xunta?

Leiceaga quere coñecer que datos ten a Xunta sobre a intención do Ministerio en relación cos créditos previstos para os Campus de Excelencia?, e si están asinados os preceptivos convenios ou existe algunha previsión para a súa formalización?

O parlamentario quere sabre si é verdade que a situación da Xunta de Galicia en relación co cumprimento da Lei de estabilidade orzamentaria impide a achega dos créditos previstos ao sistema universitario de Galicia?

E por ultimo “que accións ten previstas a Xunta de Galicia para garantir o futuro dos Campus de Excelencia no noso sistema universitario?”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar