Leiceaga esixe á Xunta que garanta o acceso a axudas predoutorais para os licenciados en 2007

Leiceaga esixe á Xunta que garanta o acceso a axudas predoutorais para os licenciados en 2007

Leiceaga esixe á Xunta que garanta o acceso a axudas predoutorais para os licenciados en 2007

O portavoz de Universidade do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, ven de presentar unha serie de iniciativas para que a Xunta garanta o acceso ás axudas predoutorais aos licenciados ou graduados en 2007.

O responsable socialista presentou así unha Interpelación e unha Proposición non de Lei na que reclama á Xunta “unha convocatoria específica para os licenciados/graduados no ano 2007 que non tiveron oportunidade de acceder a ningunha convocatoria de axudas predoutorais, utilizando os fondos non comprometidos do programa de universidades para este ano 2011”.

Leiceaga explica que no ano 2010 a Xunta non efectuou ningunha convocatoria de axudas predoutorais, e nas aprobadas en 2011 establece como condición que teñan rematados os estudos de licenciatura, grao ou similares despois do 1 de xaneiro de 2008.

Deste xeito deixa sen posibilidade de optar a estas axudas aos estudantes que remataran a licenciatura en 2007 e durante dous anos fixeron un curso de mestrado ou Diploma de Estudos Avanzados , imprescindible para completar os estudos de doutoramento.

O parlamentario socialista presentou unha Interpelación na que reclama á Xunta que dea conta diante da Cámara autonómica dos mecanismos previstos para solucionar esta situación, así como o seu coñecemento “das dificultades ocasionadas a aqueles estudantes licenciados/graduados en 2007 para o acceso ás bolsas predoutorais”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar