Leiceaga esixe a Educación diálogo cos sindicatos educativos para acordar a convocatoria de prazas no 2012

Leiceaga esixe a Educación diálogo cos sindicatos educativos para acordar a convocatoria de prazas no 2012

Leiceaga esixe a Educación diálogo cos sindicatos educativos para acordar a convocatoria de prazas no 2012

O portavoz de Educación do Grupo Socialista Xoaquin Fernández Leiceaga anunciou hoxe que rexistrou unha proposición no Parlamento para reclamar á Consellería de Educación establecer un diálogo cos sindicatos máis representativos do sector para acordar a convocatoria no ano 2012 das prazas de profesorado que, no marco da normativa vixente, permita atender mellor as necesidades docentes.

Leiceaga explica que de acordo coas noticias ofrecidas polo novo Ministro de Educación despois da Conferencia Sectorial de Educación celebrada en Madrid o 26 de xaneiro deste ano, a Comunidade Autónoma de Galicia non se conta entre aquelas comunidades que convocarán neste ano 2012 oposicións para a cobertura de prazas de profesorado na escola pública, a diferenza de Andalucía, Canarias, Madrid e o País Vasco.

O deputado socialista advirte que na nosa Comunidade vanse seguir producindo baixas por xubilación, ou outros motivos, e replica que “esta ausencia de convocatoria de prazas aboca a unha redución do número de efectivos no ensino público”, que se suma ás que xa tiveron lugar en anos anteriores, ou ben a unha utilización maior da figura do profesorado interino.

Nese senso Leiceaga critica o excesivo celo do Goberno de Feijoo en aforrar “en gastos de persoal”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar