Leiceaga esixe a derrogación da orde de axudas que modifica as bases para a investigación universitaria

Leiceaga esixe a derrogación da orde de axudas que modifica as bases para a investigación universitaria

Leiceaga esixe a derrogación da orde de axudas que modifica as bases para a investigación universitaria

O portavoz de Universidade do Grupo Parlamentario Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamar ao Goberno de Feijoo a derrogación da Orde de 17 de agosto, mantendo as condicións de xestión das convocatorias de investigación dos anos 2008, 2009, 2010 de acordo coas súas bases orixinais. Ademais esixiu que se depuren responsabilidades para saber que esta detrás desta normativa. Explica que esta Orde afecta arredor de 300 investigadores.

Leiceaga denuncia que por medio da orde de 17 de agosto de 2011, publicada no DOG de 25 de agosto, a Consellería de Educación modifica as condicións das diversas ordes de bases e convocatoria do Programa de Promoción Xeral de Investigación e dos Programas Sectoriais de investigación aplicada do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (Incite) correspondentes aos anos 2008, 2009 e 2010.

Asegura que o Goberno de Feijoo coa aplicación desta Orde suma un novo recorte na Universidade “xunto coa reducción de apoio a investigación ou tamén en recursos humanos”. Dixo que a Xunta non sabe cales son as prioridades “e si o sabe faino de xeito equivocado”. E cualifica esta decisión “como un novo ataque a investigación universitaria de Galicia”, e advirte se produce no mes de agosto cando hai vacacións na Administración.

Leiceaga sinala que Feijoo pasa dunha política universitaria de reducción de fondos a unha política de ataque directo á investigación. Ademais crítica que esta Orde produce inseguridade xurídica e lesiona dereitos nos investigadores.

Proxectos plurianuais

Tamén aludiu a flexibilidade orixinaria da Orde, coa que se podía traballar, e subliñou que “é un ataque á liña da flotación da Xunta”, xa que explicou que os proxectos plurianuais que concorreron con esta Orde anúlanse e terán que devolver unha parte dos fondos. Dixo que “o Conselleiro esta podando as axudas á Universidade e instiga veleno a este sector para impedir que se realice, e obteña menos fondos da administración autonómica”.

O parlamentario socialista asegura que esta Orde “establece, entre outros cambios, a data límite do 31 de outubro deste ano para a xustificación por cada universidade ou organismo responsable dos gastos e pagamentos correspondentes á anualidade 2011”. Leiceaga advirte que para as Universidades “son enormes as dificultades que suscita unha modificación realizada nun mes en que moitos investigadores aproveitan para efectuar estadías no estranxeiro, sobre todo cando adianta desde o 15 de marzo do exercicio seguinte ao 31 de outubro do actual o período de xustificación da realización do gasto”.

O portavoz de Universidade subliña que “chama poderosamente a atención, a redacción do artigo 9 da devandita orde polas súas consecuencias adicionais sobre a xestión dos proxectos de investigación en marcha, planificados na súa execución, con persoas contratadas”.

Leiceaga critica que modificar as regras de xogo na metade dunha convocatoria, sen previo aviso, sen consulta cos investigadores indica que a única finalidade perseguida é a de provocar unha reducción dos gastos xustificables, sen ter en conta os negativos efectos sobre a dinámica da investigación. Ademais replica que esta modificación “suscita interrogantes sobre a legalidade da modificación dunhas bases, e dunha subvención en convocatoria pública de concorrencia competitiva cando xa transcorreu boa parte do período de realización de actividades”, espetou.

Artigo 9

Puntualiza que o que di o Artigo 9 é; Queda sen efecto o artigo 7, punto 4, do anexo II da Orde do 3 de xuño de 2009 (DOG do 12 de xuño) pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorren¬cia competitiva, das subvencións correspondentes ao programa de promoción xeral de investigación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Incite) e se procede á súa convocatoria para o ano 2009, que tiña a seguinte redacción: «Tendo en conta o carácter plurianual destas axudas, así como o carácter de anticipos de todas as anualidades agás a última, os pagamentos anuais responderán ao plan aprobado na resolución de concesión sen necesidade de que os gastos efectivamente executados e xustificados en cada anualidade coincidan coas previsións de pagamento anuais, salvo na última anualidade; o importe total do plan de pagamentos deberá coincidir co importe global aprobado para cada proxecto subvencionado. No caso de que se propoñan pagamentos á conta, estes responderán ao ritmo de execución das accións subvencionadas, que se aboarán pola contía equivalente á xustificación presentada»

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar