Leiceaga empraza ao conselleiro de Educación a que rectifique a política de investigación universitaria

Leiceaga empraza ao conselleiro de Educación a que rectifique a política de investigación universitaria

Leiceaga empraza ao conselleiro de Educación a que rectifique a política de investigación universitaria

O Portavoz de Universidade do Grupo Parlamentario Socialista Xoaquín Fernández Leiceaga interveu hoxe no Pleno do Parlamento para reclamar explicacións ao Goberno de Feijoo sobre a eliminación no ano 2011 das axudas para os proxectos de investigación no nivel do sistema de ciencia e tecnoloxía da nosa Comunidade.

Alí cualificou a política de investigación universitaria de Feijoo “de lamentable”. Advirte que ademais dos “recortes e a desorientación estratéxica, sumase unha ineptitude na xestión”. Asegura que a investigación “precisa dun horizonte estable e non cambios e improvisación continua”. Dixo que cada Orde que emite a Consellería de Educación precisa dunha rectificación erros “porque meten a pata clamorosamente”.

Na súa intervención aludiu as diferentes informacións que recibiron os investigadores e profesores universitarios por parte da Xunta de Galicia sobre as convocatorias da Xunta neste exercicio 2011. Denuncia que a investigación universitaria “esta sendo bloqueada e asfixiada pola Xunta de Feijoo”.

O pasado mes de xuño na Secretaría Xeral de Universidades explicóuselle aos vicerrectores de investigación das tres universidades galegas que xa están transferidas as competencias en materia de investigación dende a Consellería de Industria á Consellería de Educación (Secretaria Xeral de Universidades). Nesta reunión informouse da previsión das diferentes convocatorias que esperan realizar durante este ano 2011, e que serían as seguintes:

1.º) Consolidación de grupos. Estase a resolver a recente convocatoria de grupos, e esperan sacar unha nova convocatoria de grupos este ano para “grupos preconsolidados”.

2.º) Sairá una convocatoria de contratos predoutorais (posiblemente a principios de xullo), xa dentro do plan I2C.

3.º) Sairá una convocatoria para estadías, pero solo para os contratados María Barbeito e Anxeles Alvariño.

4.º) Sairán as prórrogas dos programas Parga Pondal, Isabel Barreto e Maria Barbeito correspondentes ao anterior Plan INCITE.

5.º) Non se convocarán novas axudas para proxectos de investigación, nin axudas para agrupacións estratéxicas, nin contratos posdoutorais, nin de tecnólogos.

Non hai convocatorias de investigación

Con este panorama Leiceaga asegura que o “resultado non pode ser máis desesperanzador e desolador”. Por iso criticou a “nefasta política de recursos humanos de Feijoo”, xa que considera “especialmente grave que este ano non haxa convocatorias de proxectos de investigación (nin do Plan xeral nin dos sectoriais), e tampouco  vai haber contratos post-doutorais, nin de tecnólogos, nin axudas para agrupacións estratéxicas”, remarcou.

Sobre as axudas para estadías no estranxeiro subliña que quedan limitadas ás persoas que dispoñen de contratos María Barbeito e Anxeles Alvariño, deixando totalmente desamparados aos restantes investigadores en formación. E lembra que non foron suprimidos completamente, xa que as propias Universidades advertíronlles, que eran requisitos indispensables para os beneficiarios destes programas. Asegura que así “condean ao resto dos investigadores”, insistiu.

Replica que estas decisións son “unha pésima noticia para as actividades de investigación que se desenvolven en Galicia; unha pedra no camiño para conseguir avanzar na economía e na sociedade do coñecemento”, insistiu.

Pola contra subliñou o traballo realizado na pasada lexislatura, e explicou que entre os anos 2007-2009 sacou 867 prazas de investigación, so no ultimo ano 2009 foron 230 prazas. Replica que nos dous anos do Goberno de Feijoo hai 125 prazas, das cales 100 son pre-doctorais, e na adxudicación provisional das mesmas so saen 50 “non sabemos o que pasara co resto”, lamentou.

Por iso emprazou ao Conselleiro de Educación a que “recabe información, recapacite e rectifique”, a súa política. E preguntoulle si con este panorama esta mellorando o sistema de ciencia e tecnoloxía en Galicia.

 

Orde 17 de agosto

 

Sobre a orde de 17 de agosto reclamou que se manteñan as mesmas condicións de xestión das convocatorias de investigación dos anos 2008, 2009, 2010 de acordo coas súas bases orixinais. Asegura que a nova normativa restrinxe considerablemente o limite de xustificación de gasto, paralizando proxectos e incitando a gastar mais, e tamén elimina a flexibilidade.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar