Leiceaga empraza a Feijoo a reformular a súa política universitaria “porque fai augas”

Leiceaga empraza a Feijoo a reformular a súa política universitaria “porque fai augas”

Leiceaga empraza a Feijoo a reformular a súa política universitaria “porque fai augas”


O Portavoz de Universidade do Grupo Parlamentario Socialista Xoaquín Fernández Leiceaga interveu hoxe no Pleno do Parlamento, mediante unha moción, para reclamar ao Goberno de Feijoo melloras de financiamento, equipamentos e de recursos humanos para o Sistema Universitario de Galicia “unha proposta que reclama un cambio na reformulación da política universitaria de Feijoo”, explicou. A moción foi rexeitada polo PP.

O portavoz de Universidade sinala que a estratexia de investigación do Goberno de Feijoo “fai augas”, e envíolle unha mensaxe ao Conselleiro de Educación “non esta a altura”. E emprazou a Xunta “a poñer en marcha unha política clara e definida da carreira investigadora en Galicia”. Advirte que no ano 2009 o financiamento ás Universidades supoñía o 0.69% do PIB, e denuncia que agora no ano 2012 estamos no “0. 56%”, perderon 13 puntos porcentuais co PIB.

Leiceaga explicou polo miúdo na súa intervención a proposta do PSdeG-PSOE. Pide presentar o decálogo de medidas aprobado na Comisión de seguimento do Plan de financiamento do SUG 2011-2015, como unha comunicación que permita a súa tramitación de acordo cos artigos 140 e 141 do Regulamento da Cámara “queremos que estas cuestións se tomen en serio, e que dende os Grupos Parlamentarios de poidan aportar propostas para mellorar o SUG, que boa falta lle fai”, insistiu.

Solicita impulsar o Inventario de equipamento científico para uso compartido mediante unha comisión interuniversitaria, que poida estar operativa neste ano 2011, financiando os seus traballos cunha achega específica á marxe dos fondos do Plan de Financiamento do SUG “queremos saber cando, onde e como se vai financiar e con que apoio da Xunta”.

Demanda impulsar BUGALICIA mediante a achega de fondos para o período 2011-2015, que manteña, cando menos, en termos reais a achega conveniada para o ano 2009. Advirte que esta iniciativa “esta sometida dende hai 2 anos a un axuste moi severo por parte do PP”, e lembra que no ano 2009 o ultimo convenio asinado foi de 1.600.000 euros “pero agora reduciuse drasticamente”.

Colaborar coas universidades mediante unha achega específica, á marxe do Plan de financiamento do SUG, para a implantación da administración electrónica, a racionalización do gasto corrente ou o aforro nas comunicacións de voz e datos, “pero preguntamos de novo con que medios, con que financiacion, todo esto debemos sabelo”, proclamou. E insistiu “porque senón todo esto convertese en política ficción”, espetou.

Elevar o número de beneficiarios do Programa Parga Pondal a 40, garantindo o financiamento íntegro do programa e establecendo un procedemento, en colaboración coas universidades, que permita aos investigadores con cualificación Colmeiro positiva, e acreditación da ANECA concursar a prazas que permitan a continuidade das súas tarefas de investigación.

Efectuar coa máxima urxencia e, en todo caso, dentro do ano 2011, a convocatoria de axudas para proxectos de investigación universitarios, tanto do plan xeral como dos sectoriais, para agrupacións estratéxicas, para contratos posdoutorais, para tecnólogos, e estender a convocatoria para estadías no estranxeiro a todos os investigadores en formación, ampliando de xeito proporcional o montante de recursos.

Repoñer no nivel correspondente ao exercicio do ano 2009, as cantidades previstas para bolsas ao alumnado universitario, e a efectuar as xestións que permitan o uso íntegro das cantidades orzamentadas.

Reclama para a autorización, continuación ou extinción de novas titulacións oficiais das universidades do SUG teña en conta os criterios de pertinencia e coherencia científica e, en concreto, o carácter único da titulación na oferta existente no SUG; manteña o número de alumnos necesarios para a continuidade das titulacións nos previstos nas liñas xerais para a implantación dos Estudos de grao e posgrao no Sistema Universitario de Galicia; e, para o caso da colaboración interuniversitaria ou de titulacións en que colaborar varios campus,module a esixencia do número de alumnos.

Establecer o compromiso de acadar, cos fondos do Plan de financiamento, o 1.01% do PIB de Galicia no ano 2015, de acordo coa seguinte evolución temporal. Así as cousas Leiceaga lembra que no ultimo Debate do Estado Autonomía aprobouse unha resolución na que a Xunta se comprometeu “a un ascenso progresivo dos recursos a disposición do SUG ata chegar ao 1% do PIB”. Coas cifras na man dixo que si se mantivera o Plan de Financiamento en relación aos investimentos do ano 2009, as Universidades Galegas “perderon 114,5 millóns de euros, anos 2010, 2011, 2012”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar