LEICEAGA: “ELIMINAREMOS OS AFORAMENTOS E OS PRIVILEXIOS PARLAMENTARIOS”

LEICEAGA: “ELIMINAREMOS OS AFORAMENTOS E OS PRIVILEXIOS PARLAMENTARIOS”

LEICEAGA: “ELIMINAREMOS OS AFORAMENTOS E OS PRIVILEXIOS PARLAMENTARIOS”

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, comprometeuse hoxe na Coruña a eliminar “os aforamentos e os privilexios parlamentarios”.

“Necesitamos recuperar a credibilidade dos gobernantes e recuperar a confianza dos cidadáns nos gobernantes e nas institucións”, manifestou Leiceaga nun almorzo informativo organizado pola Asociación da Prensa de A Coruña.

O candidato socialista aposta por “poñer a calidade democrática de Galicia á altura dos países europeos, queremos que Galicia sexa a administración pública española cos estándares máis elevados de transparencia e bo goberno”.

“Moitos aforamentos carecen de sentido, claro hai que protexer a liberdade de expresión dos deputados e deputadas, é básico, pero deben ser xulgados polo seu tribunal ordinario e non ter unha protección a maiores fronte a outros cidadáns”, manifestou Leiceaga.

“Queremos reconducir esta situación en Galicia, sabendo ben que esixe un pacto porque necesitamos reformar o Estatuto de Autonomía para facelo efectivo; sería unha das razóns, adicionais a outras, que nos levarían a impulsar a reforma do Estatuto”, engadiu.

Leiceaga fixo tamén referencia á CRTVG e á “lei que apoiamos no 2012 e está sen desenvolver, necesitamos un Consello de Informativos que garantice a neutralidade e desenvolver e Estatuto Profesional do xornalista dos medios públicos”.

“Tamén queremos que por lei haxa que celebrar debates nas campañas electorais, debates independentes e neutrais; Feijóo fuxe dos debates e sería bo nesta campaña un cara a cara, manteño a miña proposta para confrontar as dúas alternativas, pero non obtivemos resposta pola súa parte”, rematou.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar