LEICEAGA: “É O MOMENTO DO CAMBIO PERO DO CAMBIO SOLVENTE, DO CAMBIO SEGURO E DO CAMBIO TRANQUILO”

LEICEAGA: “É O MOMENTO DO CAMBIO PERO DO CAMBIO SOLVENTE, DO CAMBIO SEGURO E DO CAMBIO TRANQUILO”

LEICEAGA: “É O MOMENTO DO CAMBIO PERO DO CAMBIO SOLVENTE, DO CAMBIO SEGURO E DO CAMBIO TRANQUILO”

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, asegurou esta note en Ourense que “os socialistas ofrecemos un proxecto sólido e confiable para afrontar os retos aos que se enfronta Galicia; é o momento do cambio pero do cambio solvente, do cambio seguro e do cambio tranquilo”.

Leiceaga pechou un mitin en Ourense no que tamén participaron a número 1 da candidatura provincial, Noela Blanco, e o número tres, Carmen Rodríguez Dacosta. “A dereita quere convencernos de que está todo feito pero non é certo, se temos confianza e cremos nas nosas posibilidades o 25 de setembro haberá cambio”, apuntou o candidato.

“En lugar de denunciar, loitar contra a corrupción e pedirlle a Baltar que dimita, Feijóo mira para outro lado e renega das súas siglas”, aseverou, “pero aínda que se agochen el e as siglas, a xente sabe que votar a Feijóo é respaldar a corrupción, o clientelismo e a mala política”.

Como xa fixera pola mañá en Ferrol, Leiceaga animou “aos 300.000 indecisos que indican as enquisas a apoiar ao Partido Socialista, porque é a única opción que garantiza o cambio”. “Merece a pena ir a votar porque nos xogamos moito e porque está nas nosas mans acabar co goberno do Partido Popular, quedarse na casa é asegurar a maioría absoluta do PP”, engadiu.

Con respecto a Ourense, apuntou que “impulsaremos un plan para dar emprego aos mozos e facer fronte ao problema demográfico, eliminaremos o copago farmacéutico, levaremos a cabo un plan estratéxico termal e desenvolveremos unha política forestal que recupere a distancia de seguridade entre as casas e a biomasa”.

“Somos a clave e chegou o momento”, engadiu Leiceaga, que apelou “aos votantes de esquerdas para agrupar no PSdeG o desexo maioritario de cambio que hai agora mesmo en Galicia” .

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar