LEICEAGA DIRÍXESE “AOS 300.000 INDECISOS QUE DECIDIRÁN QUE GALICIA TEREMOS” PARA GARANTIZARLLES QUE “SÓ HABERA CAMBIO SE O LIDERA O PARTIDO SOCIALISTA”

LEICEAGA DIRÍXESE “AOS 300.000 INDECISOS QUE DECIDIRÁN QUE GALICIA TEREMOS” PARA GARANTIZARLLES QUE “SÓ HABERA CAMBIO SE O LIDERA O PARTIDO SOCIALISTA”

LEICEAGA DIRÍXESE “AOS 300.000 INDECISOS QUE DECIDIRÁN QUE GALICIA TEREMOS” PARA GARANTIZARLLES QUE “SÓ HABERA CAMBIO SE O LIDERA O PARTIDO SOCIALISTA”

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, dirixiuse hoxe en Ferrol aos máis de 300.000 galegos e galegas que aínda non teñen decidido a quen votar para lembrarlles que “decidirán a Galicia que teremos no futuro” e garantizarlles que “só haberá cambio se o lidera o Partido Socialista”.

“Hai máis de 300.000 indecisos pendentes de tomar unha decisión sobre o seu voto”, asegurou Leiceaga, que manifestou que só hai dous camiños posibles desde o 25 de setembro: “Unha Galicia na que se reforcen os servizos públicos, con creación de emprego de calidade e combatendo as privatizacións sanitarias, ou unha Galicia que esmorece con resignación e desigualdade, na que o emprego é unha quimera”.

“Merece a pena ir votar, é un dereito democrático básico para impulsar a sociedade que todos queremos ter”, engadiu o candidato do PSdeG, que afirmou que os cambios en Galicia chegan sempre da man do socialismo. “Somos a clave para unha alternativa solvente, sempre foi así, fago un chamamento aos electores a concentrar o voto no Partido Socialista para garantizar o cambio”, dixo.

Leiceaga mantivo unha reunión coa xunta de persoal da área sanitaria de Ferrol e outra co comité de empresa de Navantia. “A atención sanitaria nesta comarca é deficiente, ten pendente un plan director que non foi desenvolvido e hai unha forte presión na atención primaria, que provoca problemas nas urxencias”, apuntou.

“É necesario planificar o futuro da asistencia sanitaria en Ferrol e a súa comarca, coa integración das diferentes instalacións e cunha maior dotación de medios humanos e materiais”, rematou.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar