LEICEAGA DEMANDA E CONSIDERA “IMPRESCINDIBLE” UN DEBATE “A DOUS” CON FEIJÓO DURANTE A CAMPAÑA ELECTORAL

LEICEAGA DEMANDA E CONSIDERA “IMPRESCINDIBLE” UN DEBATE “A DOUS” CON FEIJÓO DURANTE A CAMPAÑA ELECTORAL

LEICEAGA DEMANDA E CONSIDERA “IMPRESCINDIBLE” UN DEBATE “A DOUS” CON FEIJÓO DURANTE A CAMPAÑA ELECTORAL

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, demandou hoxe en Santiago “un debate a dous con Alberto Núñez Feijóo” durante a campaña electoral do mes de setembro.

“Os galegos teñen dereito a que haxa unha confrontación entre a alternativa que representa Feijóo e a que representa o Partido Socialista, deben ter a oportunidade de coñecer as diferenzas entre as dúas propostas”, manifestou aos medios de comunicación.

“Reclamamos un debate a dous nos medios públicos, con sinal aberta a todos os medios; falaremos deste tema no comité electoral do luns para despois dirixirnos ao equipo de Feijóo e establecer día, hora e contidos”, afirmou o candidato socialista.

Fernández Leiceaga puntualizou que “non nos negamos a outro tipo de formatos e debates durante a campaña, pero pola nosa posición política e o peso que ten o Partido Socialista consideramos imprescindible e un dereito para os cidadáns o debate a dous”.

Por outra parte, apuntou que “máis que unha precampaña, o destes últimos días parece unha tómbola cun regalo diario”, en relación coas medidas electoralistas anunciadas “por un goberno que esgotou o seu mandato e xa convocou as eleccións”.

“Está ben que se devolva a paga extra, pero Feijóo ten que pedirlle perdón aos funcionarios por ser unha das últimas comunidades en facelo”, engadiu Leiceaga, que rematou lembrando que “a Xunta está pagando truncadas as extras, nós garantimos un diálogo rápido cos representantes sindicais dos empregados públicos despois do 25 de setembro para solucionar este tema”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar