LEICEAGA DEFENDE “A ECONOMÍA REAL FRONTE A VIRTUAL DE FEIJÓO” E COMPROMETE MEDIDAS DE FONDO PARA “IMPULSAR O SECTOR PESQUEIRO GALEGO”

LEICEAGA DEFENDE “A ECONOMÍA REAL FRONTE A VIRTUAL DE FEIJÓO” E COMPROMETE MEDIDAS DE FONDO PARA “IMPULSAR O SECTOR PESQUEIRO GALEGO”

LEICEAGA DEFENDE “A ECONOMÍA REAL FRONTE A VIRTUAL DE FEIJÓO” E COMPROMETE MEDIDAS DE FONDO PARA “IMPULSAR O SECTOR PESQUEIRO GALEGO”

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, defendeu hoxe en Vigo “a economía real fronte a virtual de Feijóo”, comprometéndose a traballar en medidas de fondo para “impulsar o sector pesqueiro galego”.

“Feijóo foi un presidente inexistente para o sector pesqueiro, non estivo presente cando se lle necesitou”, manifestou Leiceaga aos medios de comunicación antes de manter unha reunión coa Cooperativa de Armadores de Pesca de Vigo, na que tamén estiveron os candidatos pola provincia Abel Losada e Patricia Vilán.

“Mentres Feijóo mira para outro lado, o cerco ten un reparto inxusto, as rías teñen un problema serio de saneamento, hai bancos marisqueiros pechados desde hai dous anos e a frota artesanal atravesa graves dificultades”, criticou Losada, que considera que o presidente da Xunta “non estivo co sector estes oito anos, pero si estivo para pasearse polos platós de Madrid promocionando a súa carreira”.

O candidato do PSdeG lamenta “os proxectos para empresas e os contratos anunciados nos últimos días, parece que houbo unha conxura de todos os astros, con iniciativas que ademais teñen un periodo de maduración moi longo e non se pode verificar”.

“Despois de oito anos de parálise e resignación, chegan dous meses de promesas en periodo electoral”, engadiu Leiceaga, que garante que a pesca e todas as súas dimensións serán unha prioridade para os socialistas galegos cando teñan responsabilidades de goberno.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar