LEICEAGA CRITICA QUE “CANDO FEIJÓO PRESUME DE QUE DEIXA UNHA GALICIA SEN PUFOS” ESQUECE “A DÉBEDA DE 800 MILLÓNS DE EUROS NO ÁLVARO CUNQUEIRO”

LEICEAGA CRITICA QUE “CANDO FEIJÓO PRESUME DE QUE DEIXA UNHA GALICIA SEN PUFOS” ESQUECE “A DÉBEDA DE 800 MILLÓNS DE EUROS NO ÁLVARO CUNQUEIRO”

LEICEAGA CRITICA QUE “CANDO FEIJÓO PRESUME DE QUE DEIXA UNHA GALICIA SEN PUFOS” ESQUECE “A DÉBEDA DE 800 MILLÓNS DE EUROS NO ÁLVARO CUNQUEIRO”

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, criticou hoxe que “cando Feijóo presume estes días de que deixa unha Galicia sen pufos”, esquece “o grave deterioro da sanidade pública”.

Leicega mantivo unha reunión coa xunta de persoal do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, celebrada nunha pequena habitación porque a dirección do centro denegou o permiso para facela no salón de actos. “Este modelo de hospital é un ataque aos fundamentos públicos da sanidade, unha situación que reverteremos os socialistas”, apuntou.

“Cando Feijóo fala de pufos non ten na cabeza a débeda de 800 millóns de euros que lle deixa aos galegos por este hospital”, lembrou o candidato, que anunciou “o inicio de negociacións cando teñamos responsabilidades de goberno para recuperar o carácter público do centro, o que suporá un aforro anual para Galicia de 20 millóns de euros”.

“Os pufos de Feijóo na sanidade pública son 1.000 camas de hospitais menos desde que el chegou, con listas de espera inadmisibles para as consultas e as probas diagnósticas”, afirmou Leiceaga.

O socialista garante “un plan de recuperación da sanidade pública, con 1.500 novos profesionais en catro anos e un plan de mellora na atención primaria, especializada e hospitalaria”. “Remataremos coas listas de espera de máis de seis meses, que hoxe en día son o 15%”, engadiu.

Debates
A preguntas dos medios de comunicación sobre a proposta de debate da CRTVG, Leiceaga manifestou que está aberto a todo tipo de peticións, pero lembrou a necesidade de ter “un debate a dous con Feijóo, xa que o PSdeG é a principal forza da oposición, cun elevado peso no Parlamento e no municipalismo”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar