LEICEAGA CONSIDERA “EXCEPCIONAL E UN EXEMPLO DO FRACASO DE FEIJÓO” A SITUACIÓN ECONÓMICA DE FERROL E GARANTE UN NOVO PLAN ESTRATÉXICO PARA A COMARCA

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, cualificou hoxe de “excepcional” a situación económica de Ferrol e garantiu “un novo plan estratéxico para revitalizar a comarca” despois do 25 de setembro.

Leiceaga, xunto á deputada no Congreso Pilar Cancela e o senador Ángel Mato, mantiveron unha reunión con representantes públicos do PSdeG nas comarcas de Ferrol e Ortegal, co obxectivo de escoitar as súas demandas para a elaboración definitiva do programa electoral.

O candidato socialista á presidencia da Xunta criticou nunha rolda de prensa previa á reunión “a desidia e os parches do Partido Popular para darlle resposta aos problemas económicos e de desemprego”, apostando por un “novo Plan Ferrol coas mellores prácticas do anterior”.

Na misma liña falaron Cancela e Mato, que defenderán no Congreso e o Senado as demandas da comarca coas prioridades do sector naval e as infraestruturas. “As políticas de Feijóo levaron Galicia cara abaixo e temos que recuperala”, engadiu Fernández Leiceaga.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar