LEICEAGA COMPROMÉTESE A SITUAR A VIGO “NO LUGAR QUE LLE CORRESPONDE COMO MOTOR INDUSTRIAL E MAIOR URBE DE GALICIA”

LEICEAGA COMPROMÉTESE A SITUAR A VIGO “NO LUGAR QUE LLE CORRESPONDE COMO MOTOR INDUSTRIAL E MAIOR URBE DE GALICIA”

LEICEAGA COMPROMÉTESE A SITUAR A VIGO “NO LUGAR QUE LLE CORRESPONDE COMO MOTOR INDUSTRIAL E MAIOR URBE DE GALICIA”

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, comprometeuse esta tarde a situar a Vigo “no lugar que lle corresponde como motor industrial e maior urbe de Galicia, un lugar polo que gravitan máis de 600.000 galegos e galegas”.

Leiceaga pechou un mitin en Vigo no que tamén participaron o secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez; o alcalde da cidade, Abel Caballero; o número 1 da candidatura provincial, Abel Losada, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. “O cambio é posible e depende de nós, os socialistas somos a única opción que pode liderar un cambio solvente”, asegurou o candidato.

“Non podemos permitirnos catro anos máis de parálise, o 60% dos galegos queren un cambio e os socialistas somos a resposta, a maioría da xente deste país non quere que goberne o PP e eles o saben por eso agochan as siglas”, aseverou.

Leiceaga apelou “aos votantes de esquerdas para agrupar no socialismo o desexo maioritario de cambio en Galicia”, fronte a un “Feijóo insensible aos problemas dos galegos, Feijoo é a outra cara de Rajoy, só cumpriu co PP e con Montoro, non cos galegos”.

Con respecto a Vigo, criticou que “o Partido Popular non teña un compromiso, Feijóo gobernou de costas á maior cidade de Galicia, de costas ao motor económico do país, eu serei un presidente que poña a Vigo no lugar que lle corresponde como maior cidade de Galicia”.

“Iniciarei o rescate do Álvaro Cunqueiro, a maior cidade de Galicia non pode ter un hospital privado, e non nos imos esquecer do Meixoeiro, temos que reordenar e impulsar as infraestruturas e os servizos sanitarios da cidade”, explicou.

“Imos impulsar tamén con celeridade a tramitación do plan xeral para que Vigo recobre a seguridade urbanística que impulsou o Partido Socialista, a mesma celeridade coa que impulsaremos a area metropolitana de Vigo e a Cidade da Xustiza”, engadiu.

“Os socialistas galegos ofrecemos un proxecto de país, un proxecto político integrador con tres eixes: servizos públicos, emprego e exemplaridade institucional”, dixo Leiceaga, antes de rematar lembrando que “Galicia quere cambio e o cambio está nas nosas mans”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar