LEICEAGA: “COMPROMETÉMONOS A RESTAURAR OS SERVIZOS PÚBLICOS AO NIVEL QUE TIÑAN NO ANO 2008”

LEICEAGA: “COMPROMETÉMONOS A RESTAURAR OS SERVIZOS PÚBLICOS AO NIVEL QUE TIÑAN NO ANO 2008”

LEICEAGA: “COMPROMETÉMONOS A RESTAURAR OS SERVIZOS PÚBLICOS AO NIVEL QUE TIÑAN NO ANO 2008”

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, comprometeuse esta tarde en Pontevedra “a restaurar os servizos públicos ao nivel que tiñan no ano 2008” para frear a desigualdade.

No acto de presentación da candidatura da provincia de Pontevedra, Leiceaga manifestou que “quedan 25 días para o cambio político da man dunha alternativa progresista liderada polos socialistas galegos”. “A Galicia do paro e a resignación deixará paso a unha Galicia de progreso”, afirmou.

“A Galicia dos recortes e a débeda ten que ser historia, temos que crear emprego e recuperar a Lei de Dependencia, temos a oportunidade de gobernar Galicia doutro xeito”, asegurou. “Feijóo é un mestre das apariencias, a propaganda e o teatro, envolve os problemas dos cidadáns en paquetes de regalo e os exporta”, sostén o candidato socialista.

“Galicia vai a menos en sentido demográfico e de emprego, pero tamén no tratamento sanitario e na educación pública, con 1.000 camas e 2.500 profesores menos desde que chegou Feijóo”, engadiu Leiceaga, que anunciou tamén “un plan contra o pobreza infantil”.

Pola súa parte, o número 1 da candidatura, Abel Losada, cualificou de “municipalista e federalista” o proxecto socialista, lamentando “as mentiras de Feijóo, experto en márketing político e só preocupado pola súa proxección mediática, a publicidade e a propaganda”.

“Está obsesionado polas contas e a súa imaxe, non polos problemas do lácteo, o cerco ou o sector industrial”, criticou Losada, que amosou a súa confianza en que Leiceaga “pensará nos cidadáns e non estará preocupado pola súa proxección; os socialistas loitaremos para cambiar a actual situación”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar