Leiceaga compromete "os servizos dunha capital de provincia" para Vigo

Leiceaga compromete "os servizos dunha capital de provincia" para Vigo

Leiceaga compromete “os servizos dunha capital de provincia” para Vigo

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, comprometeuse hoxe a executar o “desenvolvemento efectivo” da Lei da Área Metropolitana de Vigo para garantir “os servizos dunha capital de provincia” para a principal cidade de Galicia. Así o dixo nunha intervención diante do Círculo de Empresarios de Vigo, onde presentou as liñas mestras do seu proxecto para a cidade, que pasa por desbloquear o Plan Xeral e rescatar o Hospital privado.

Fernández Leiceaga comprometeuse hoxe a “executar o desenvolvemento efectivo e real da Área Metropolitana” para garantir que a cidade teña “o tratamento dunha capital de provincia na dotación de servizos públicos”. Explicou que un goberno socialista garantirá “o lugar que merece” Vigo impulsando “de forma inmediata” a cesión dos servizos de competencia autonómica e reclamando os de ámbito estatal.

Engadiu que o goberno autonómico velará por que a cidade que reúne ao 25 por cento da poboación de toda Galicia reciba o tratamento e as dotacións de servizos administrativos que precisa e merece.

O candidato socialista garantiu que a Xunta debe situar a Vigo no eixo central das políticas do Executivo en resposta á súa condición de “cidade máis importante de Galicia”, para o que impulsará “con celeridade” a tramitación do Plan Xeral. Dixo que a Xunta debe garantir a “seguridade urbanística” para unha cidade bloqueada polo desleixo do goberno de Feijóo e da súa estratexia de asfixiar á cidade e de gobernala “dende fora”.

Leiceaga explicoulles aos empresarios as súas propostas de garantir a Cidade da Xustiza ou rescatar para o sector público o Hospital privado de Vigo, xa que “sae máis barato para todos os galegos e as galegas que mantelo no modelo actual”, e ademais garante “unha sanidade de calidade eficiente e sostible economicamente”.

Proxecto económico

Na súa intervención no almorzo xunto cos empresarios vigueses, Fernández Leiceaga desgranou o seu proxecto económico para Galicia, centrado en tres eixos que comezan por un proxecto dirixido a intensificar a modernización económica de Galicia, un compromiso “forte e ineludible” coa industrialización, e garantirlle un papel central ao Igape como eixo do impulso financeiro que precisan as empresas.

O segundo eixo do seu proxecto pasa por unha administración pública eficiente e transparente, que garanta unha atención de calidade a persoas e empresas, e, finalmente, unha axenda social efectiva parella ao desenvolvemento.

Finalizou sinalando que “fronte á Galicia da resignación e da pobreza de ideas propoño construír entre todos unha Galicia que mire máis lonxe e pise máis forte, unha Galicia audaz que voe para gañar o seu futuro”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar