LEICEAGA: “CADA DÍA QUE PASA GAÑAMOS MÁIS APOIO E TEMOS QUE CONCENTRAR NO PSDEG AS ANSIAS DE CAMBIO DOS GALEGOS”

LEICEAGA: “CADA DÍA QUE PASA GAÑAMOS MÁIS APOIO E TEMOS QUE CONCENTRAR NO PSDEG AS ANSIAS DE CAMBIO DOS GALEGOS”

LEICEAGA: “CADA DÍA QUE PASA GAÑAMOS MÁIS APOIO E TEMOS QUE CONCENTRAR NO PSDEG AS ANSIAS DE CAMBIO DOS GALEGOS”

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, manifestou esta tarde no Barco de Valdeorras que “cada día que pasa gañamos apoio e agora temos que conseguir concentrar no socialismo as ansias de cambio dos galegos”.

“O cambio é posible, só depende de nós, por iso pídolle aos votantes socialistas que se mobilicen para facer posible o cambio que necesita Galicia, un cambio solvente e confiable”, asegurou Leiceaga para pechar un mitin no que tamén participaron a número 1 da candidatura por Ourense, Noela Blanco, e o alcalde e presidente da Fegamp, Alfredo García.

“Galicia necesita exemplaridade, temos que poñer fin á discrecionalidade no uso dos fondos públicos e rematar coa utilización das institucións con fins partidarios; Feijóo incumpriu o seu contrato con Galicia: gobernar para todos con independencia das súas preferencias políticas”, criticou o candidato socialista, “pero nós temos unha resposta nova e eliminaremos a arbitrariedade no reparto dos fondos públicos”.

Nos programas de cooperación publicados no DOG en agosto, coincidindo coa convocatoria de eleccións, hai axudas aos concellos para contratar a 900 persoas sen emprego, “pero o 60% dos concellos que as recibiron están gobernados polo PP, cando a poboación parada nestes concellos é só o 28%”, lamentou Leiceaga.

O candidato socialista engadiu que “temos un proxecto para Galicia, un proxecto integrador con tres eixos: emprego, servizos públicos e exemplaridade institucional”, lembrando que entre as súas propostas “hai un plan de emprego con 10.000 contratos ao ano e a contratación de 4.000 médicos, enfermeiras e profesores para mellorar a calidade da nosa sanidade e educación”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar