LEICEAGA ASEGURA QUE “GALICIA NECESITA UN IMPULSO DE CARÁCTER ECONÓMICO PARA MELLORAR A SÚA PRODUTIVIDADE E PODER COMPETIR”

LEICEAGA ASEGURA QUE “GALICIA NECESITA UN IMPULSO DE CARÁCTER ECONÓMICO PARA MELLORAR A SÚA PRODUTIVIDADE E PODER COMPETIR”

LEICEAGA ASEGURA QUE “GALICIA NECESITA UN IMPULSO DE CARÁCTER ECONÓMICO PARA MELLORAR A SÚA PRODUTIVIDADE E PODER COMPETIR”

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, asegurou hoxe en Vigo que “Galicia necesita un novo impulso de carácter económico, ten que mellorar a súa competitividade para poder competir”.

Leiceaga explicou o seu proxecto político e económico para Galicia nun almorzo no Círculo de Empresarios, presidido por Juan Güell. “Necesitamos un cambio na cultura política en Galicia; nestas eleccións, máis alá dun debate entre partidos, temos a oportunidade de reflexionar sobre os cambios de fondo que precisamos”, manifestou aos medios de comunicación.

“Construímos administracións como a Xunta, que xa está madura, e agora necesitamos construír autonomía, con acordos de fondo sobre asuntos sen resolver como a demografía e o territorio”, apuntou o candidato socialista, “e temos que ser máis responsables e esixentes, xa que no futuro dependeremos máis das nosas propias forzas”.

“Galicia tamén precisa dun novo impulso de carácter económico, non é suficiente o reflexo do crecemento económico español sobre Galicia”, dixo Leiceaga, “e para elo temos que mobilizar todos os nosos recursos para mellorar a nosa produtividade e competir mellor”.

O socialista considera fundamental unha aposta “pola formación, as infraestruturas, a industria e a innovación”. Por último, lamentou “a perda de base económica e financeira de Vigo e a súa comarca durante os sete anos de goberno de Feijóo na Xunta”.

Mercedes Cernadas

Deixar a resposta

Pechar