LEICEAGA ASEGURA QUE “FEIJÓO É O PRIMEIRO PRESIDENTE QUE ANTEPÓN A SÚA AXENDA PERSOAL AOS INTERESES DO PAÍS”

LEICEAGA ASEGURA QUE “FEIJÓO É O PRIMEIRO PRESIDENTE QUE ANTEPÓN A SÚA AXENDA PERSOAL AOS INTERESES DO PAÍS”

LEICEAGA ASEGURA QUE “FEIJÓO É O PRIMEIRO PRESIDENTE QUE ANTEPÓN A SÚA AXENDA PERSOAL AOS INTERESES DO PAÍS”

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, asegurou hoxe en Oroso que “Feijóo é o primeiro presidente que antepón a súa axenda persoal aos intereses do país e o que menos cre en Galicia e na súa xente, o seu único obxectivo é conservar o goberno como pasaporte a Madrid”.

“Fronte a un goberno que renegou da defensa de Galicia, aos socialistas galegos tócanos agora gobernar para construír unha Galicia que vaia a máis”, apuntou Leiceaga na X Festa do PSdeG, á que asistiron unhas 2.100 persoas e que contou coa presenza do secretario xeral do partido, Pedro Sánchez; a presidenta da xestora, Pilar Cancela; candidatos e candidatas das catro provincias, e numerosos cargos orgánicos e institucionais.

“Estamos a piques de dar comezo a un proceso electoral de vital importancia, quedan só 21 días e en Galicia, ademais da crise económica, tivemos dous problemas engadidos: Rajoy e Feijóo, as dúas caras dunha mesma moeda”, manifestou o candidato do PSdeG.

“Temos que rematar coa Galicia do pasado e da resignación para construír xuntos a Galicia do futuro; nese compromiso, compañeiro Pedro Sánchez, non nos van doblegar, como non o fixeron contigo e co Partido Socialista nestas últimas semanas”, apuntou Leiceaga.

O candidato á presidencia da Xunta reivindicou os avances acadados durante os gobernos de Laxe e Touriño, “porque somos un partido de goberno para as persoas, entendemos o socialismo como un instrumento para que ninguén quede atrás, para que todos e todas teñamos as mesmas oportunidades”.

“O 25 de setembro Galicia xógase moito o os socialistas galegos temos un proxecto para recuperar Galicia, temos que dicirlle aos galegos e ás galegas que temos ideas e solucións para superar a resignación e recuperar unha Galicia que vaia a máis, que sexa un faro de ilusión e esperanza”, engadiu.

Leicega comprometeuse “a recuperar o crecemento e o emprego de calidade, a recuperar os servizos públicos básicos e a cohesión social en igualdade, queremos unha Galicia solidaria que aposte polo futuro da mocidade e que se preocupe polos seus maiores”.

“Existe unha posibilidade real de cambiar Galicia se conseguimos que o vindeiro 25 de setembro os galegos e as galegas voten masivamente, temos a responsabilidade histórica de saír na defensa de Galicia, o futuro non está escrito e temos que escribilo nós; chegou a hora do PSdeG”, rematou.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar