LEICEAGA APOSTA POR UNHA POLÍTICA TURÍSTICA “DE LONGO ALCANCE” PARA GALICIA QUE “POÑA EN VALOR OS SEUS GRANDES ATRACTIVOS”

LEICEAGA APOSTA POR UNHA POLÍTICA TURÍSTICA “DE LONGO ALCANCE” PARA GALICIA QUE “POÑA EN VALOR OS SEUS GRANDES ATRACTIVOS”

LEICEAGA APOSTA POR UNHA POLÍTICA TURÍSTICA “DE LONGO ALCANCE” PARA GALICIA QUE “POÑA EN VALOR OS SEUS GRANDES ATRACTIVOS”

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, apostou hoxe en Betanzos por unha política turística “de longo alcance” para Galicia que “poña en valor os seus grandes atractivos”.

Leiceaga asistiu, xunto ao alcalde de Betanzos, Ramón García, e outros cargos provinciais do partido, á saída da etapa da Volta Ciclista a España. “Un acontecemento deportivo, social e de promoción turística coa participación das administracións provinciais e da Xunta”, manifestou.

O candidato socialista considera que Galicia debe “aproveitar a capacidade de atracción de turismo internacional que ten agora mesmo España, entre outros factores pola crise en Oriente Medio”. “Temos que poñer en valor os nosos atractivos, como a natureza, a gastronomía, a cultura e a nosa identidade”, engadiu.

Na mesma liña falou o alcalde socialista de Betanzos, Ramón García, para o que a saída de hoxe “é un feito importante, estamos moi satisfeitos e temos que aproveitar este acontecemento para potenciar o municipio, o seu atractivo cultural e a súa paisaxe”.

Por outra parte e a preguntas dos medios de comunicación, Leiceaga dixo que o PSdeG “aposta por abrir un novo tempo e unha nova etapa no partido, cun proxecto renovado para atender as demandas dos cidadáns e ser unha alternativa sólida ao PP; Galicia necesita un novo impulso desde valores progresistas”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar