LEICEAGA APOSTA POR “POTENCIAR O CONSORCIO INTERUNIVERSITARIO” E AUMENTAR OS RECURSOS PARA “INNOVACIÓN, INVESTIGACIÓN E OS ESTUDIOS DE POSGRADO”

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, apostou hoxe en Vigo por potenciar “o consorcio interuniversitario de Galicia” e incrementar os recursos para “innovación, investigación e os estudios de posgrado”.

Leiceaga mantivo unha reunión co reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, e outra cun grupo de profesores da Facultade de Económicas e Empresariais do campus olívico, dentro da súa rolda de contactos para recabar propostas de cara ás eleccións autonómicas.

“A universidade é unha institución básica, os socialistas sempre apostamos pola formación pública, a innovación e a investigación”, afirmou o candidato do PSdeG, que considera que “os estudios de posgrado teñen que responder mellor ás necesidades da sociedade”.

En opinión de Leiceaga, hai que aumentar “o esforzo de colaboración entre a Xunta e as tres universidades, recuperando o tempo perdido”. “Hai moitos investigadores novos que tiveron que marchar e Galicia debe recuperar”, manifestou.

“O consorcio interuniversitario xa está previsto na lei pero hai que dar pasos para o seu desenvolvemento, con novos contidos e accións; hai que poñer en marcha os instrumentos previstos na lexislación”, rematou.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar