LEICEAGA APOSTA POR POLÍTICAS PARA FOMENTAR “A ACTIVIDADE PRODUTIVA AGROGANDEIRA, A TRANSFORMACIÓN INDUSTRIAL E O OCIO” NO RURAL GALEGO

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, apostou hoxe en Ribadavia pola posta en marcha de políticas de fomento “das actividades produtivas agrogandeiras, pero tamén da transformación industrial e dos servizos de ocio” no rural galego.

Leiceaga asistiu ás xornadas Propostas para a Galicia Rural do Século XXI organizadas polo Foro Económico de Galicia. “Un debate moi interesante sobre a diversidade de mundos rurais que existen, polo que son tamén necesarias políticas específicas para cada un deles”, manifestou.

En opinión do candidato socialista nas próximas eleccións autonómicas, “a dotación de servizos básicos é fundamental para fixar poboación no rural, polo que as propostas deben ter sempre en conta a necesidade de que a cidadanía teña unha accesibilidade a estes servizos”.

O sector primario será un obxectivo prioritario para os socialistas galegos no programa electoral que presentarán nas próximas datas, con medidas concretas para fomentar e defender os intereses de Galicia no sector agrogandeiro e pesqueiro.

Mercedes Cernadas

Deixar a resposta

Pechar