LEICEAGA APOSTA POR “PLANS INTEGRAIS DE CALIDADE” NO TURISMO PARA REPOSICIONAR A MARCA GALICIA

LEICEAGA APOSTA POR “PLANS INTEGRAIS DE CALIDADE” NO TURISMO PARA REPOSICIONAR A MARCA GALICIA

LEICEAGA APOSTA POR “PLANS INTEGRAIS DE CALIDADE” NO TURISMO PARA REPOSICIONAR A MARCA GALICIA

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, apostou hoxe en Dumbría por “plans integrais de calidade” no turismo para reposicionar a marca Galicia e poñer en valor “as nosas posibilidades, como a natureza, a cultura e a gastronomía”.

Leiceaga fixo en bicicleta a ruta de dez quilómetros entre a casa de cultura de Cee e a cascada do Ézaro, no municipio de Dumbría, xunto a outros representantes da candidatura pola Coruña como Juan Villoslada e María Dolores Toja, números 2 e 4 da lista, e membros do Clube Ciclista de Dumbría. “Máis alá do esforzo dos concellos, Galicia ten un enorme potencial turístico que temos que protexer e potenciar”, afirmou o candidato socialista.

“Os socialistas galegos queremos darlle solucións aos problemas, por iso consideramos fundamental un debate a dous con Feijóo nesta campaña, un cara a cara no que eu teña a oportunidade de presentar as miñas propostas e confrontalas coas que defende el”, manifestou.

“Feijóo non enfronta os problemas, o único que quere é que chegue o día 25 para despois marchar a Madrid; ten unha alianza con Rajoy e Montoro, pero xa non está conectado cos problemas de Galicia”, rematou.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar