LEICEAGA APOSTA POR DEFENDER A POSICIÓN DE GALICIA NO NOVO MODELO TERRITORIAL E “NON VOLVER PERDER O TREN” DO ESTATUTO

LEICEAGA APOSTA POR DEFENDER A POSICIÓN DE GALICIA NO NOVO MODELO TERRITORIAL E “NON VOLVER PERDER O TREN” DO ESTATUTO

LEICEAGA APOSTA POR DEFENDER A POSICIÓN DE GALICIA NO NOVO MODELO TERRITORIAL E “NON VOLVER PERDER O TREN” DO ESTATUTO

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, apostou hoxe en Rianxo por defender a posición de Galicia no novo modelo territorial e “non volver perder o tren” do Estatuto de Autonomía.

Leiceaga interviu no acto do PSdeG polo Día Nacional de Galicia, coa tradicional ofrenda floral na estatua de Castelao en Rianxo. Participaron tamén a secretaria xeral local, María del Carmen Figueira Ares, e a presidenta da xestora socialista, Pilar Cancela, que defendeu “o futuro de Galicia como proxecto, non como unha verba máis”, ademais de apelar “á unidade” de cara ás eleccións autonómicas.

No seu discurso, Leiceaga manifestou a necesidade “dun impulso novo que confíe e crea en Galicia”, con máis autogoberno dentro dun modelo autonómico que defenda “a igualdade de trato”, lonxe das “tentacións insolidarias” do PP. O candidato garantiu que os socialistas farán efectiva “a transferencia da AP-9” e esixirá novas competencias en tráfico, policía e inspección de traballo.

Lembrou que Feijóo non conseguiu ningunha transferencia nova en sete anos e criticou que “o PP administra a miseria con clientelismo e inacción”, anunciando a súa intención de traballar “por un proxecto de país, co horizonte do progreso e a esperanza do futuro”.

Por outra parte, Leiceaga fixo un recoñecemento ao papel de Ceferino Díaz no Estatuto de 1981, que “permite a Galicia como nacionalidade histórica ter cotas altas de autogoberno e decidir, dentro do marco constitucional, elementos esenciais da nosa vida colectiva”.

Leiceaga fixo tamén referencia aos avances para Galicia “nos Gobernos de Laxe e Touriño, que contrastan coa ausencia de compromiso da dereita co territorio, a cultura e a lingua”. “Os socialistas recuperaremos na Xunta o compromiso coa xente, co emprego e coa igualdade”, afirmou.

“Temos máis débeda con Feijóo pero medramos menos e houbo serios recortes en sanidade, educación e servizos sociais, con privatizacións encubertas e unha desgaleguización empresarial”, engadiu Leicega, que rematou asegurando que “o novo proxecto socialista para Galicia estará no lado correcto, coa xente, como sempre fixemos”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar