LEICEAGA ANUNCIA UN PLAN DE EMPREGO XUVENIL PARA GALICIA CUN INVESTIMENTO ANUAL DE CEN MILLÓNS DE EUROS

LEICEAGA ANUNCIA UN PLAN DE EMPREGO XUVENIL PARA GALICIA CUN INVESTIMENTO ANUAL DE CEN MILLÓNS DE EUROS

LEICEAGA ANUNCIA UN PLAN DE EMPREGO XUVENIL PARA GALICIA CUN INVESTIMENTO ANUAL DE CEN MILLÓNS DE EUROS

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, anunciou hoxe en Santiago a posta en marcha “dun plan de emprego xuvenil, cun investimento anual de 100 millóns de euros cando o teñamos plenamente desenvolvido para contratar cada ano a 10.000 mozos e mozas”.

Leiceaga adiantou ademais a súa intención de limitar “o meu mandato a oito anos, dous mandatos”, durante o acto de presentación das bases programáticas do PSdeG na avenida de Xoán XXIII compostelana, no que tamén interviron os coordinadores do programa electoral, Obdulia Taboadela; Gonzalo Caballero; Lara Méndez, e Antón Louro.

“Presentamos hoxe aquí, a pé de rúa, o noso proxecto para a maioría social, para todos os galegos sen exclusión, as bases programáticas para que Galicia teña unha resposta nova”, afirmou Leiceaga, que manifestou a súa intención de “seguir vivindo na miña casa e levar como presidente unha vida normal, non vou cambiar, polo que renunciarei á residencia oficial de Monte Pío”.

O candidato amosou a súa confianza en que “quedan 28 días para rematar coa desesperanza e a improvisación, non nos podemos resignar ante a forma de facer política de Feijóo”. “Galicia vai a menos, só temos máis paro, recortes e resignación, cun PP do teatro e as apariencias que adianta as eleccións para que non coincidan co xuízo da Gürtel”, afirmou.

“Temos un proxecto de país e o cambio liderado polos socialistas está nas nosas mans; somos unha garantía de bo goberno, de compromiso para cambiar as políticas conservadoras con propostas de fondo e aproveitando as nosas potencialidades”, engadiu.

Leiceaga lembrou que as tres grandes prioridades da súa acción de goberno serán “recuperar o crecemento e o emprego de calidade”, “recuperar os servizos públicos de calidade” e, por último, “recuperar unha política de país para ter unha Galicia de talla grande con peso en España e en Europa”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar