Leiceaga advirte da "concentración bancaria" en Galicia tras a venta do Popular

Leiceaga advirte da "concentración bancaria" en Galicia tras a venta do Popular

Leiceaga advirte da “concentración bancaria” en Galicia tras a venta do Popular

O portavoz parlamentario do grupo socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, define como “unha mala nova para Galicia” a venda do Banco Popular ao Santander, e polo tanto tamén a desaparición definitiva da marca Banco Pastor. Isto supón que a comunidade estará agora “aínda máis lonxe” dos centros de decisión e “fará que se produza un grande aumento da concentración bancaria” e se reduza a competencia en Galicia, o que, advirte, pode “xerar algún risco para os intereses dos consumidores e das empresas que teñen que ter acceso ao crédito”.

“Procúpanos que o tamaño da nova entidade, que controlará unha importantísima parte do mercado na comunidade, teña efectos nos consumidores”, afirma Leiceaga, que destaca tamén as consecuencias para Galicia da perda definitiva da marca Banco Pastor e a incertidume na súa Fundación. O socialista pon o foco ademais nas posibles medidas de axuste e as “incógnitas” que se abren no referente ao peche de oficinas ou a destrución de emprego.

Leiceaga lamenta a actual situación que afecta a milleiros de pequenos accionistas e traballadores da entidade que participaban da compañía, pero tamén destaca o funcionamento do mecanismo europeo para a resolución das crises bancarias, que evitou o mal maior dun rescate que podería ter un custo enorme para todos os contribuíntes.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar