Leiceaga advirte as “dificultades evidentes” amosadas por Feijóo para elaborar unha proposta de apoio aos aeroportos galegos

Leiceaga advirte as “dificultades evidentes” amosadas por Feijóo para elaborar unha proposta de apoio aos aeroportos galegos

Leiceaga advirte as “dificultades evidentes” amosadas por Feijóo para elaborar unha proposta de apoio aos aeroportos galegos

O parlamentario socialista Xoaquín Fernández Leiceaga lamentou hoxe as “dificultades evidentes” amosadas polo presidente da Xunta para elaborar unha proposta de apoio aos aeroportos galegos para enviala aos alcaldes. Así o dixo no debate dunha iniciativa socialista para elaborar un Plan de Axudas conveniado cos aeroportos que foi rexeitado polo PP.

O responsable socialista lamentou a falla de apoio amosada polo PP a esta iniciativa, mentres o presidente da Xunta “preséntase como superheroe de cómic postmoderno, na estética da derrota”. Criticou a falla de iniciativa do goberno galego mentres o conselleiro de Territorio e Infraestruturas anticipando a desaparición dos subsidios a estas infraestruturas a curto e medio prazo.

Fernández Leiceaga dixo que “non é sensato retirar a política de apoio aos aeroportos a curto e medio prazo sen que nada a substitúa” e reclamou “falar de futuro” e analizar “qué vai suceder cos tres aeroportos” e establecer un Plan de axudas conveniado cos aeroportos galegos que permita incentivar a chegada de turistas nacionais e internacionais”.

Reclamou “claridade e liderado” por parte do goberno galego para implicar aos alcaldes e aos aeroportos nunha estratexia común que permita establecer “que algún dos aeroportos sexa a base dunha grande compañía e que permita xerar emprego” así como conectar estas infraestruturas a través dunha rede de transporte público nunha situación “difícil e complicada para o transporte aéreo de viaxeiros” polos efectos da crise.

Centrifugar a responsabilidade

Advertiu que a Xunta de Galicia “é a única que carece de estratexia e dispara contra todas partes, centrifugando a responsabilidade contra os concellos ou o goberno central” mentres renuncia a asumir o seu compromiso. Esta actitude contrasta cos alcaldes de Santiago, A Coruña e Vigo, que teñen iniciado os seus propios organismos de impulso dos aeroportos.

O parlamentario socialista lembrou que a proposta do presidente da Xunta de establecer “un único aeroporto con tres terminais” finalmente “quedou practicamente en nada” e acusouno de ter “dinamitado o Comité de Rutas impulsado polo Goberno central acusando aos propios alcaldes”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar