Leiceaga: “a Xunta foi obrigada a modificar a orde de axudas para os investigadores do sistema universitario”

Leiceaga: “a Xunta foi obrigada a modificar a orde de axudas para os investigadores do sistema universitario”

Leiceaga: “a Xunta foi obrigada a modificar a orde de axudas para os investigadores do sistema universitario”

O Portavoz de Universidade do Grupo Parlamentario Socialista Xoaquín Fernández Leiceaga asegurou hoxe que a Xunta admitiu que a Orde de 17 de agosto, pola que se modifican as datas de xustificación de varios programas de axudas a grupos de investigación do SUG, tiña que ser modificada para non bloquear completamente a investigación universitaria en Galicia. Replica tamén que esta modificación “quédase a medio camiño”, xa que considera que “é insuficiente”, pois non repón a flexibilidade na xestión da convocatoria do 2009 para os remanentes.

O parlamentario socialista fixo esta afirmación tras coñecer polo DOG do 4 de outubro de 2011, a modificación desta normativa. Denuncia que a Xunta entorpece a investigación para desembolsar menos diñeiro cunha fórmula menos visible de practicar axustes. 

Ademais lembrou que o Grupo Parlamentario Socialista rexistrou diversas iniciativas na Cámara Autonómica para que se manteñan as mesmas condicións de xestión das convocatorias de investigación dos anos 2008, 2009, 2010 de acordo coas súas bases orixinais. Asegura que a nova normativa restrinxe considerablemente o limite de xustificación de gasto, paralizando proxectos e incitando a gastar mais, e tamén elimina a flexibilidade.

Leiceaga tamén reclama explicacións ao Goberno de Feijoo sobre as convocatorias bloqueadas. Para o deputado socialista esta medida “produce inseguridade xurídica e lesiona os dereitos dos investigadores, xa que “restrinxe o horizonte de gasto a pouco máis de dous meses cando os investigadores contaban con ter case sete”.

Política lamentable

Así as cousas o portavoz de universidade do Grupo Parlamentario Socialista cualifica a política de investigación universitaria de Feijoo “de lamentable”. Dixo que ademais dos “recortes e a desorientación estratéxica, sumase unha ineptitude na xestión”, proclamou. Asegura que a investigación “precisa dun horizonte estable e non cambios e improvisación continua”.

Replica que estas decisións son “unha pésima noticia para as actividades de investigación que se desenvolven en Galicia; unha pedra no camiño para conseguir avanzar na economía e na sociedade do coñecemento”, insistiu.

Por ultimo emprazou ao Conselleiro de Educación a que “recabe información, recapacite e rectifique a súa política da investigación en Galicia”.

 

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar