LEICEAGA: “A CONTINUIDADE DE FEIJÓO E AS SÚAS POLÍTICAS CATRO ANOS MÁIS SERÍA UN LASTRE PARA A RECUPERACIÓN ECONÓMICA E DO EMPREGO”

LEICEAGA: “A CONTINUIDADE DE FEIJÓO E AS SÚAS POLÍTICAS CATRO ANOS MÁIS SERÍA UN LASTRE PARA A RECUPERACIÓN ECONÓMICA E DO EMPREGO”

LEICEAGA: “A CONTINUIDADE DE FEIJÓO E AS SÚAS POLÍTICAS CATRO ANOS MÁIS SERÍA UN LASTRE PARA A RECUPERACIÓN ECONÓMICA E DO EMPREGO”

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, asegurou hoxe en Santiago que “a continuidade de Feijóo e as súas políticas catro anos máis sería un lastre difícil de contrarrestar para a recuperación económica e do emprego”.

Leiceaga ofreceu a súa rolda de prensa semanal, na que fixo un balance do comportamento do mercado laboral en Galicia entre o primeiro trimestre de 2009 e o de 2016, segundo os datos da EPA. “Temos problemas moi graves que non se poden resolver con frivolidade, é necesario un cambio de fondo nas políticas económicas”, manifestou.

“O comportamento de Galicia e moito peor que o do conxunto de España, hai un serio deterioro das condicións do mercado laboral e non só pola crise económica”, apuntou. Leiceaga lembrou “a caída moi intensa do número de persoas activas, un total de 82.300”, destacando este descenso da poboación activa “entre as mulleres e os menores de 35 anos”.

“Con respecto aos ocupados, o resumo dramático dos gobernos de Feijóo é que Galicia perdeu 150.000 empregos desde o primeiro trimestre de 2009”, afirmou o candidato socialista. España perdeu seis de cada cen empregos, mentres que en Galicia foron doce de cada cen, “cun desplome absoluto das oportunidades de traballo entre os menores de 35 anos, unha situación dramática”.

Outros datos do balance de Feijóo son que “en Galicia hai case 60.000 contratos indefinidos menos” e “66.900 parados máis que no inicio da súa presidencia”. “Hai 100.000 parados de longa duración e menos do 50% dos desempregados non teñen dereito a unha prestación”, dixo.

“A demografía, a natalidade ou as pensións dependen mercado laboral, pero en Galicia temos un goberno que non executa orzamentos e non xestiona de forma correcta os fondos europeos”, engadiu Leicega, que fixo mención aos problemas de sectores como o industrial e o agrario.

Leiceaga insistiu en que é necesario un cambio de fondo nas políticas económicas, pero anunciou tres prioridades que entrarán no programa electoral dos socialistas galegos: “A reforma dos servizos de emprego, con máis plantilla para ter unha unha inserción laboral personalizada; políticas de formación para parados de longa duración, e un programa de choque de inserción laboral para os colectivos prioritarios, como os menores de 35 anos”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar