A Lei de Saúde protagonizará a primeira sesión de control do Parlamento do novo curso

A Lei de Saúde protagonizará a primeira sesión de control do Parlamento do novo curso

A Lei de Saúde protagonizará a primeira sesión de control do Parlamento do novo curso

Ofensiva parlamentaria do Grupo Socialista para frear a reforma da Lei de Saúde coa que Feijóo quere suprimir as áreas sanitarias de Valdeorras, A Mariña, Salnés e Lemos e reducir a participación cidadá nos consellos de Sanidade. Así o anunciou hoxe Leiceaga no seu encontro coa Xunta de Persoal do Hospital Comarcal de Valdeorras, onde confirmou que este será o tema central da primeira sesión de control ao presidente do novo curso parlamentario.

Sinalou que será Feijóo quen teña que responder desta reforma logo do veto do PP a un Pleno extraordinario no que o conselleiro explicara a reforma antes de rematar o período de alegacións, que o goberno galego “reservou” para as vacacións de agosto “contra toda a normalidade, democracia e transparencia”. Advertiu que este será tema central, como mínimo, das iniciativas socialistas nos dous plenos previstos para o mes de setembro.

Leiceaga quere provocar que este texto siga o mesmo camiño que a malograda Lei de Acuicultura, e que o goberno galego a retire antes de que comece o trámite parlamentario. Reclamoulle á Xunta “sensibilidade” co clamor social contra esta reforma que pretende converter estes hospitais en “ambulatorios máis dotados” polo camiño “do recorte e de impoñer unha sanidade de primeira e de segunda”.

Advertiu que a estratexia do goberno galego “vai agravar un xa de por si grave problema de despoboamento” nas zonas do interior de Galicia, xenerando un “círculo vicioso” que provoca o abandono da poboación por carecer duns servizos que son recortados precisamente pola falla de poboación. Sinalou que esta tendencia perversa “só se rompe reforzando os servizos públicos, e non impoñendo criterios economicistas curtopracistas”.

O portavoz socialista mantivo un encontro coa Xunta de Persoal do Hospital no que tamén participaron a viceportavoz do Grupo Socialista e deputada ourensá Noela Blanco e o portavoz de Sanidade, Julio Torrado.

O portavoz da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Valdeorras, Orlando Martínez, sinalou o grave impacto desta reforma para unha área sanitaria, a de Valdeorras, que atende a en torno a 50.000 habitantes en localidades que en ocasións atópanse a unha hora e media do Hospital de Ourense, e que está, dixo, “en pé” para frear a súa desaparición.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar