A Lei de Implantación Empresarial fai imperar a Lei da Selva empresarial en Galicia

A Lei de Implantación Empresarial fai imperar a Lei da Selva empresarial en Galicia

A Lei de Implantación Empresarial fai imperar a Lei da Selva empresarial en Galicia

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, acusou hoxe a Xunta e PP de impoñer “a Lei da Selva” ao aprobar en solitario a Lei de Implantación Empresarial dirixida a rebaixar o control institucional das iniciativas privadas. Así o dixo no debate final desta Lei que foi aprobada co voto en contra dos socialistas galegos.

O responsable socialista acusou ao goberno galego de impoñer esta norma sen o informe preceptivo do CES, sen memoria económica nin consultar aos sectores afectados e polo trámite de urxencia para limitar o trámite parlamentario e minimizar a crítica da oposición. En definitiva, resumiu, utilizan a “coartada da facilidade nas tramitacións administrativas como un elemento que favorece á actividade económica”.

A realidade é que se trata dunha “mera declaración de intencións sen dotación orzamentaria e sen mecanismos de avaliación que non responde a ningunha política industrial definida” máis alá de “beneficiar e defender os intereses empresariais e prexudicar aos máis desfavorecidos”.

Criticou unha norma que resta control público á iniciativa empresarial e vai na liña da desregulación e “do mantra de que o Estado é o problema e non a solución” cando “a alternativa á burocracia son os sinvergüenzas”. Así o dixo antes de lembrar a cita de Shakespeare, cando sinalaba que “se o diñeiro vai por diante, tódalas portas se abren”.

Sinalou que a norma “non é imprescindible para nada máis que para as contas de resultados das empresas” e sinalou que se trata dunha “decisión premeditada e consciente de adelgazar a administración para xustificar despois a dita desregulación”. Reivindicou un servizo público de inspección “forte” para “garantir que o impulso industrial respecte as garantías e dereitos laborais e medioambientais”.

Losada esixiu que “non nos conten historias, a realidade é que non hai apoio público claro ao fomento do chan industrial” con esta norma. Será, dixo, un instrumento errado para loitar coa oferta de chan industrial de Portugal, mentres o PP “a semana pasada votou en contra da proposta de Resolución socialista para impulsar un programa de apoio da mellora da competitividade” presentada no debate do Estado da Autonomía.

Desmentiu que esta norma promova o emprego estable, a formación, ou serva para loitar contra a deslocalización industrial, cando “o único para o que serve é para obrigar aos concellos a pagar sen facilitarlles fondos”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar