A Lei de Benestar Animal, un despropósito do PP centrado nas sancións

A Lei de Benestar Animal, un despropósito do PP centrado nas sancións

A Lei de Benestar Animal, un despropósito do PP centrado nas sancións

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, presentou hoxe a emenda de devolución dos socialistas á Lei de Benestar Animal, que comezará o trámite parlamentario o próximo martes. A responsable socialista considera esta norma un “despropósito” e unha “oportunidade perdida” para incidir na prevención e a sensibilización social.

Vilán considera que a norma está “feita dende un despacho por alguén que non se preocupa pola protección e o benestar dos animais” e que se dirixe unicamente a “saír no foco mediático”. Por iso foi presentada sen diálogo coas protectoras e ecoloxistas e renuncia a afrontar o abandono de animais domésticos, as festas taurinas, ou o trato a équidos.

Si que regula, sinalou, a utilización de animais salvaxes nos circos, pero non di nada sobre os animais domésticos que tamén forman parte daqueles espectáculos, polo que propuxo avaliar o trato que reciben estas mascotas.

Os socialistas si que recolleron, dixo, as aportacións das asociacións animalistas, ecoloxistas, protectoras de animais e particulares, que impulsaron boa parte das 30 emendas parciais que serán presentadas polos socialistas a un texto que apenas ten 50 artigos porque “necesita ser mellorado e moito”.

Sancións

Patricia Vilán criticou que esta Lei se preocupe de sancionar a quen alimenta ou recolle animais na rúa –unha medida que xa suma 10.000 sinaturas en contra- pero deixa impune a quen coloca presas nas patas dos cabalos para que non fuxan. En definitiva, dixo, supón unha “oportunidade perdida polo PP para facer unha Lei avanzada con respecto á norma de 1993”.

Criticou que a norma se centre en “utilizar as sancións pero non a sensibilización”, co mesmo marco punitivo aprobado en 2014 pero que ademais permite dar publicidade ás condenas “en contra do acordo do Consello Xeral do Poder Xudicial de 2005 e das resolucións da Axencia Española de Protección de Datos”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar