Laura Seara saúda a aprobación do proxecto de lei para a Igualdade de Trato e Non Discriminación

Laura Seara saúda a aprobación do proxecto de lei para a  Igualdade de Trato e Non Discriminación

Laura Seara saúda a aprobación do proxecto de lei para a Igualdade de Trato e Non Discriminación

A secretaria de Igualdade do PSdeG, Laura Seara, valorou a aprobación do proxecto de lei para a Igualdade de Trato e non Discriminación por parte do Consello de Ministros, e salientou que esta norma permitirá “que ningunha persoa quede indefensa ante a discriminación e a exclusión”.

Seara expresou o desexo de que esta lei obteña “o apoio parlamentario unánime” e destacou que durante o período de consultas, o anteproxecto foi ben recibido por asociacións, organizacións sociais e sindicatos; ao igual que recibiu os informes favorables do Consejo General del Poder Judicial, del Consejo Fiscal y el Consejo de Estado. Apuntou que “tanto as organizacións sociais como os órganos consultivos puxeron de manifesto a necesidade desta normativa, cunha serie de propostas para a súa mellora, moitas das cales se incorporaron ao proxecto”.

A responsable de Igualdade destacou que se trata dunha lei garantista, xa que a súa entrada en vigor “garantirá a igualdade de trato e establecerá un marco de protección ante a discriminación”.

Engadiu que o proxecto “non só se axusta á normativa europea de protección contra a discriminación, senón que tamén segue a estela de países como Francia ou Alemania, que contan con normativas de igualdade de trato dende hai anos”. Por elo, apuntou que esta lei “sitúanos á vangarda europea en políticas contra a discriminación, ao ampliar os motivos de discriminación e os ámbitos de protección”.

Seara amosou a súa satisfacción por unha norma que representa “un adianto importantísimo en materia social e de igualdade de trato” xa que “todos e todas, nalgún momento das nosas vidas, estamos expostos a padecer algún tipo de discriminación, e esta lei protexerá e garantirá os dereitos de toda a cidadanía”.

Non discriminación polo uso da lingua
Seara ncidiu en que este borrador establece que ninguén poderá ser discriminado por razón de nacemento, orixe racial ou étnico, sexo, relixión, convicción ou opinión, idade, discapacidade, orientación ou identidade sexual, enfermidade, lingua ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

Neste senso, a socialista salientou que a lei pon en valor a non discriminación por cuestións de lingua, ao garantir a non discriminación das persoas polo uso da lingua castelán no territorio do Estado e polo uso das linguas cooficiais nos seus respectivos territorios.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar