Laura Seara estará á fronte da Secretaría de Estado de Igualdade

Laura Seara estará á fronte da Secretaría de Estado de Igualdade

Laura Seara estará á fronte da Secretaría de Estado de Igualdade

A actual directora xeral do Instituto da Muller e secretaria de Igualdade, Movementos Sociais e Emigración do PSdeG, Laura Seara, substituirá a Bibiana Aído á fronte da Secretaría de Estado de Igualdade, posto que esta abandona para incorporarse como asesora da directora da Axencia da ONU para a Muller, Michelle Bachelet.

Seara é licenciada en Dereito, traballou como consultora de calidade e foi vicepresidente do Consello da Xuventude de España. No ano 2001 converteuse en deputada do PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia, onde exerceu a súa actividade ata que a daquela ministra de Igualdade, Bibiana Aído, nomeouna directora xeral do Instituto da Muller en decembro de 2010 e en substitución de Rosa Peris.

A súa substituta, Teresa Blat, tamén é licenciada en Dereito, no seu caso na Universidade de Valencia, así como Máster en Administración Pública polo Instituto Universitario Ortega e Gasset, entre outras titulacións. É funcionario de carreira e traballou nos ministerios de Traballo e Asuntos Sociais e Asuntos Exteriores e Cooperación. Ademais, foi vicepresidente da Federación de Mulleres Progresistas (FMP) e vicepresidente da coordinadora do Lobby Europeo de Mujeres (CELEM).

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar