Advirte que os novos recortes en Dependencia afectarán a 80.000 galegos e galegas

Advirte que os novos recortes en Dependencia afectarán a 80.000 galegos e galegas

Advirte que os novos recortes en Dependencia afectarán a 80.000 galegos e galegas

Os que teñen ata o de agora un grado de Dependencia recoñecido van a sufrir os recortes de dous xeitos: a uns se lles diminuirá as prestacións e a outros directamente os expulsarán do sistema.

Moitos afectados que están a esperar as axudas morrerán antes de que estas cheguen.

Os coidadores dos dependentes van ver eliminadas as súas cotizacións á Seguridade Social.

O copago aos dependentes tamén se ve aumentado grazas ao Partido Popular.

A voceira de Discapacidade do Grupo Parlamentario Socialista no Congreso, Laura Seara, advertiu que máis de 80.000 persoas en Galicia sufrirán directamente os recortes na Lei da Dependencia.

Seara indica que os recortes afectarán directamente aos 36.686 dependentes galegos que xa son nestes momentos beneficiarios da lei; aos máis de 25.000 que neste momento teñen dereito a unha prestación e están pendentes de recibila; aos 7.500 familiares que son coidadores por convenio; e aos 15.000 profesionais que traballan neste sector.

A deputada explicou que o Goberno do PP revisará as valoracións de moitas destas persoas xa beneficiarias e ampliará o período de tramitación para todos as que a teñen solicitada. “A algunhas se lles rebaixará o grao xa recoñecido e outras serán directamente expulsadas do sistema, mentres que miles de galegos e galegas morrerán sen ter acceso a este dereito pola ampliación do prazo de tramitación. Os recortes na Lei da Dependencia serán un drama persoal, familiar e profesional para máis de 80.000 galegos e galegas”, subliña.

Unha das medidas que o actual goberno tomou para fulminar a devandita lei foi a de elevar de 6 meses a 2 anos o período de tramitación de concesión das prestacións. Se a esperanza media de vida dos españois é de 78,87 anos para os homes e de 84,82 anos para as mulleres (e que se rebaixa de forma sensible en función do grado de dependencia), e tendo en conta que o 60% dos beneficiarios son maiores de 80 anos e moitos seguen a esperar a aprobación, para a maioría dos afectados as axudas nunca chegarán, polo que morrerán mentres a Administración os deixa de lado.

“Tendo en conta que hai 25.029 ditames favorables que aínda non reciben prestación algunha, podemos facernos unha idea da dimensión do problema, sobre todo se temos en conta que o acceso ao sistema dos coñecidos como dependentes moderados retrasase ata o ano 2015”, afirma a deputada.

Seara lembrou tamén a situación na que quedarán os coidadores familiares, que en Galicia son máis de 7.500 persoas, o 95% delas mulleres. Para este colectivo está previsto un recorte de, polo menos, un 15% do que percibían ata o de agora por coidar a dependentes familiares. “Ademais disto, tamén eliminarán a súa cotización á Seguridade Social, o que xa é unha verdadeira barbaridade”.

Estas mulleres coidadoras, que non poden acceder ao emprego ordinario por ocuparse dun familiar en situación de dependencia, grazas á Lei estaban vendo recoñecido o seu traballo. A actual revisión que vai facer o PP pode chegar a supoñer que perdan o seu dereito a unha pensión e mesmo a tarxeta sanitaria.

Ademais, para determinar a capacidade económica da persoa dependente de cara a aplicar o novo copago, coas novas medidas terase en conta a súa renda e o seu patrimonio. Deste xeito, cando o copago sexa superior á pensión, xerarase unha débeda coas administracións que herdarán os familiares con cargo á vivenda habitual do dependente. Isto quere dicir que os dependentes se endebedarán.

O resultado da aplicación destas medidas será que os que ata o de agora non pagaban nada, comezarán a facelo, e os que xa pagaban algo, terán que pagar máis, incluíndo o copago na teleasistencia, que viña sendo un servizo gratuíto. O copago tamén se lle impón ás persoas discapacitadas, que ata o de agora estaban exentas.

Laura Seara lamenta que o Goberno de España lles suba o IVE aos españois por encima de países europeos con máis retribucións e menos paro, ao tempo que lles recorta en materias como a Dependencia onde nos estábamos a acercar ao nivel de protección europeo. “Atacando esta lei, estase a atacar os dereitos de moitas persoas e tamén a un sector que está xerando emprego en Galicia”.

Polo tanto, en Galicia estas medidas supoñen unha auténtica sangría e unha gravísima inxustiza. “Non ter dereitos é moi grave, pero ver cómo ser perden os xa conquistados ademais de grave é unha aberración política que terá consecuencias tremendamente negativas”, indicou Seara, que presentará unha batería de iniciativas parlamentarias no Congreso dos Deputados sobre esta cuestión.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar