Lamentan que os populares malgastasen en caprichos e presuntos fraudes os fondos europeos para a converxencia de Ourense

Lamentan que os populares malgastasen en caprichos e presuntos fraudes os fondos europeos para a converxencia de Ourense

Lamentan que os populares malgastasen en caprichos e presuntos fraudes os fondos europeos para a converxencia de Ourense

Pregunta á Xunta pola investigación da Oficina Europea de Loita contra o fraude á Deputación de Ourense

López Vidal preguntou ó Conselleiro de Presidencia sobre o control da Xunta e supervisión dos fondos comunitarios

Os fondos investigados investíronse nunhas depuradoras que non funcionan, o que resulta “unha vergonza” se temos en conta que a metade da provincia aínda non ten acceso a saneamento

O parlamentario socialista, Pablo López Vidal, preguntou ao goberno sobre a investigación por parte da Unión Europea, dunha trama de corrupción e actos ilegais que afectan a intereses financeiros da UE e que salpica ao delegado territorial da Xunta, Rogelio Martínez. “Aparecen Presuntos concursos amañados, empresas familiares creadas e investimentos de fondos públicos por varios millóns de euros”, destaca López Vidal.

Preguntou o deputado ourensán pola implicación da Xunta neste asunto. Pediu ó Conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, explicacións por que non houbo ningún tipo de control sobre o emprego dos fondos europeos.

Salienta López Vidal que a investigación da Oficina Europea contra o Fraude na construción dunhas depuradoras cuxa contratación presuntamente “muñiu” o actual delegado territorial e daquela vicepresidente da Deputación de Ourense.

Considera especialmente “sangrante” que “non puideron entrar en funcionamento na maioría dos concellos”, cando a metade da provincia non ten acceso a saneamento. “É unha vergonza que estas depuradoras non sirvan para nada e o conselleiro siga calado”, dixo.

A solidariedade europea leva moito tempo chegando a Ourense e, recorda o socialista, foi xestionada maioritariamente por gobernos populares, pero en lugar de empregarse en investimentos produtivos “se gastaron en caprichos e presuntos fraudes”, acusa López Vidal.

http://Grow-grape.com/

Os socialistas acusan aos populares de dilapidar uns fondos estruturais que deberan ter servido para recuperar a provincia do atraso padecido e converxer coa Costa e coas principais rexións europeas.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar