Lamentan que Feijóo constitúa “o principal obstáculo” para explicar “a verdade” sobre a fusión e desaparición das caixas galegas

Lamentan que Feijóo constitúa “o principal obstáculo” para explicar “a verdade” sobre a fusión e desaparición das caixas galegas

Lamentan que Feijóo constitúa “o principal obstáculo” para explicar “a verdade” sobre a fusión e desaparición das caixas galegas

Pablo García anuncia un expediente por acumulación de cargos da deputada no Congreso e concelleira en Vigo Carmela Silva

O secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Pablo García, lamentou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, se teña convertido no “principal obstáculo” para explicar “a verdade” sobre a fusión e posterior desaparición das caixas galegas. Así o dixo logo da xuntanza da Permanente da Executiva socialista que se reuniu hoxe en Santiago.

O responsable socialista criticou que o presidente da Xunta continúe sen aceptar a convocatoria dunha Comisión de Investigación sobre o proceso de fusión e as pensións millonarias dos exdirectivos da entidade. Lembrou que o Pleno do Parlamento de Galicia que comeza mañá incluirá unha moción na que os socialistas reclaman de novo a convocatoria deste órgano que están a bloquear Feijóo e o PP.

Reclamoulle que explique “por qué impide unha investigación” sobre este asunto na Cámara autonómica. Lembrou que os exdirectivos terán que comparecer no Congreso e a fiscalía ten confirmado que albisca irregularidades na súa actuación mentres no Parlamento de Galicia “non se pode falar deste tema” por imposición de Feijóo e do PP.

A xuntanza de hoxe tamén tratou dar o visto bo á petición dun Pleno extraordinario do Parlamento de Galicia para solicitar un recurso de inconstitucionalidade contra a aplicación do copago nos medicamentos para pensionistas e os recortes no ensino público. García dixo que “os socialistas pensamos que os pensionistas non deben pagar polos seus medicamentos”.

Os socialistas galegos tamén reclamaron hoxe que a Xunta explique na Cámara autonómica o peche de escolas unitarias en Galicia “para que expliquen cales son os seus criterios e non nos teñamos que decatar polos xornais”. Tamén advertiron da inminente posta en marcha da Lei de Augas, que suporá que o Goberno galego “vai comezar a cobrar un canon da auga a maiores”.

Incompatibilidade

A dirección da Executiva do PSdeG-PSOE acordou hoxe o seguinte acordo con relación á incompatibilidade de cargos:

Ante o incumprimento reiterado e persistente do réxime de incompatibilidades por parte da compañeira Carmela Silva, que ven actuando en contra das normas do partido, a dirección executiva do PSdeG-PSOE adoptou hoxe o seguinte acordo:

1. Considerar esta actitude como unha falta moi grave
2. Propoñer, na próxima reunión da Comisión Executiva Nacional Galega, o inicio dun expediente a esta compañeira en base ao réxime disciplinario do partido
3. Así mesmo, na mesma reunión, esixir á Comisión Executiva Federal que, no exercicio das súas competencias, incoe un expediente disciplinario á compañeira Carmela Silva por comportamentos que están considerados como faltas moi graves nas normas do Partido.

Pablo García explicou que estas conclusións serán presentadas na próxima xuntanza da CENG do PSdeG-PSOE logo do incumprimento das normas internas de incompatibilidade de cargos –aprobadas no Congreso Extraordinario do PSdeG-PSOE celebrado en 2009- por parte da concelleira en Vigo Carmela Silva dende a súa elección como deputada no Congreso nas pasadas eleccións xerais.

O responsable socialista explicou que ditas normas afectaron a 8 deputados e deputadas no Parlamento de Galicia, así como mesmo a algún compañeiro de Carmela Silva no Congreso dos Deputados.

Sinalou que “non hai xa mais escusas” para que a concelleira e deputada continúe incumprindo a norma e explicou que “xa temos sido suficientemente flexibles” ao agardar ao remate do debate de orzamentos no Concello de Vigo sen que asumira o cumprimento desta norma.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar