Lamentan que a Xunta renuncie expresamente ao reequilibrio territorial de Galicia

Lamentan que a Xunta renuncie expresamente ao reequilibrio territorial de Galicia

Lamentan que a Xunta renuncie expresamente ao reequilibrio territorial de Galicia

O parlamentario socialista Xoaquín Fernández Leiceaga advertiu que a Xunta ten renunciado expresamente ao reequilibrio territorial de Galicia. Esta foi a conclusión, dixo, da comparecencia do conselleiro de Territorio na Comisión para a elaboración dun plan de dinamización demográfica de Galicia que se celebrou hoxe no Parlamento.

Leiceaga sinalou que o conselleiro evidenciou hoxe no Parlamento “que carece absolutamente de obxectivos e instrumentos para combater a polarización da poboación galega que el mesmo anticipa para os próximos anos”. Dixo que “merecemos unha explicación sobre este aspecto central da súa política” e lamentou a falla de deseño territorial por parte da Xunta.

Lamentou que a Xunta “só pode ofrecer unha serie de apuntes sobre as súas supostas políticas que non convencen porque son unha simple prolongación do que xa hai sen un balance previo da situación”. Criticou que esta sexa a única resposta do Executivo diante da alarma demográfica que produce a caída da poboación nas zonas rurais que vai afectar a 26 nodos de poboación e mesmo ás áreas urbanas de Lugo e Ourense.

Plan Move

Leiceaga advertiu que esta situación verase agravada polo adiamento previsto pola Xunta para as actuacións do Plan Move que, engadiu, “nin sequera as súas novas previsións –de retraso- van poder ser cumpridas” pola “enorme tensión financeira” prevista para os próximos anos.

Esixiu á Xunta que explique, diante desta previsión, “cómo van conseguir que os habitantes da montaña de Lugo e Ourense ou os do interior das provincias de A Coruña e Pontevedra teñan os mesmos servizos das áreas urbanas máis dinámicas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar