Lamentan que a Lei de Mocidade supoña unha “oportunidade perdida” para fomentar o emprego, a vivenda e a participación da mocidade galega

Lamentan que a Lei de Mocidade supoña unha “oportunidade perdida” para fomentar o emprego, a vivenda e a participación da mocidade galega

Lamentan que a Lei de Mocidade supoña unha “oportunidade perdida” para fomentar o emprego, a vivenda e a participación da mocidade galega

Silvia Fraga lamenta a falla de ambición nun texto aprobado hoxe polo PP en Comisión incorporando 18 emendas dun total de 98 presentadas polos socialistas galegos

A portavoz de Mocidade do Grupo Socialista, Silvia Fraga, dixo que a Lei de Mocidade, que superou hoxe o seu trámite en Comisión co apoio do PP, supoña en realidade unha “oportunidade perdida” para o fomento do emprego, a vivenda e a participación da mocidade galega.

A responsable socialista advertiu da falla de ambición dun texto que incorporou tan só 18 das 98 emendas presentadas polos socialistas galegos, ademais doutras 4 transaccionadas, todas elas referidas a cuestións técnicas e de redacción da norma. Fraga sinalou que o texto presentado pola Xunta e avalado polo PP “consta de 72 artigos baleiros de contido e de solucións para a nosa mocidade”.

Explicou que os socialistas, logo de reclamar a retirada do texto no debate de totalidade diante do Pleno, emendaron a práctica totalidade do articulado para “darlle sentido” á norma elaborada pola Xunta. As emendas socialistas agrupáronse fundamentalmente nas áreas de emprego, vivenda, formación e educación e asociacionismo e participación, para impulsar unha “democracia participativa” malia que resulte “molesta” para o PP.

Así, no tocante ás medidas relativas a emprego, os socialistas reclamaron que a Lei obrigue ao goberno galego a impulsar plans e propostas para impulsar o emprego nos mozos e mozas en solitario e de xeito coordinado coas demais administracións. Fixeron especial fincapé na integración laboral de colectivos desfavorecidos, potenciar a formación laboral continua e fomentar o espírito emprendedor.

En canto á vivenda, o Grupo Socialista reclamou as partidas orzamentarias necesarias para conceder axudas directas, subvencións e axudas específicas, fomentando o acceso á vivenda a través de medidas fiscais e administrativas, fomentando a rehabilitación de vivenda. Ademais, instan a incrementar a promoción de vivendas de protección oficial en réxime de aluguer e venda destinadas á xuventude.

Ademais, a parlamentaria socialista explicou que, en materia de formación e educación, os socialistas propuxeron un total de 14 medidas entre as que inclúen o impulso de programas de formación para mozos e mozas fora do ensino regulado.

Reclamou tamén o apoio ao alumnado con dificultades, promover a coordinación coas universidades para conceder créditos universitarios nos programas da Escola Galega de Xuventude ou asignar prazas nas residencias universitarias a alumnos de ciclos formativos.

A responsable socialista reclamou que a Lei faga do Plan Estratéxico de Xuventude un verdadeiro instrumento para apoiar á mocidade nun momento de especial dificultade coa súa análise no Parlamento. Criticou que o PP se limita a “incidir unha e outra vez nas políticas de xuventude dirixidas ao ocio, obviando tódolos perentorios problemas da mocidade galega dos que xa vimos de falar”.

Finalmente, chamou a impedir a devaluación da participación do asociacionismo galego, impulsando as funcións do Consello da Xuventude de Galicia, para garantir un “maior protagonismo e participación da xuventude na proposta e implementación das políticas dirixidas aos mozos e mozas”. Reclamou o impulso á democracia participativa que demanda a berros a mocidade, malia que á Xunta e ao PP lles molesta”.

Recortes orzamentarios

A responsable socialista explicou que o compromiso do PP coas políticas de xuventudes fican “retratados á perfección no recorte dun 22,4 por cento nos orzamentos dedicados á mocidade dende 2009”. Dixo que “co recorte en bolsas, co anuncio de suba de taxas, cos recortes en I+D+i, o goberno de España, en connivencia co goberno de Feijóo, facilitou o despedimento e empeorou as condicións de traballo dos mozos e mozas de Galicia”.

Silvia Fraga acusou ao PP de ter obrigado a “marchar de Galicia” a milleiros de mozos e mozas que viron reducidas as súas oportunidades para atopar un posto de traballo en Galicia e desenvolver as súas vidas en Galicia. Sinalou que a xuventude fica “desesperada” que ve cómo o seu principal problema, que é o desemprego, “non atopa solución nin no goberno de España nin no de Galicia”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar