Lamentan a “incoherencia” do PPdeG ao rexeitar a proposta de consenso do PSdeG diante da reforma da PCP

Lamentan a “incoherencia” do PPdeG ao rexeitar a proposta de consenso do PSdeG diante da reforma da PCP

Lamentan a “incoherencia” do PPdeG ao rexeitar a proposta de consenso do PSdeG diante da reforma da PCP

Marisol Soneira acusa ao PP e á Xunta de “perverter a soberanía e a autonomía do Parlamento” ao rexistrar na Cámara un suposto acordo do grupo de traballo sobre a PCP que nunca fora aprobado

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Marisol Soneira, criticou a “incoherencia” do PP logo de que rexeitaran a proposta de consenso feita polos socialistas galegos para acadar unha posición común diante da negociación da nova Política Común de Pesca. Así o dixo no debate dunha proposta no que constatou o intento do PP e da Xunta de atacar a soberanía do Parlamento ao rexistrar un suposto acordo entre os grupos que en realidade era falso.

A responsable socialista lamentou que o PP rexeitara esta proposta ao tempo que presentaban unha iniciativa sobre a reforma da PCP á que os socialistas se abstiveron. A iniciativa presentada hoxe por Soneira chamaba a un acordo diante da reforma da PCP e que esta aborde a modificación do Principio de Estabilidade Relativa, garantindo a este sector o mesmo marco normativo que o resto dos sectores económicos da UE.

Reclamou tamén que a sustentabilidade medioambiental vaia acompañada da sustentabilidade sociolaboral, así como o establecemento dun sistema de dereitos transferibles de pesca de ámbito comunitario, permitindo a libre circulación destes de conformidade co Acordo de Lisboa excluíndo á flota artesanal e de baixura, así como o marisqueo.

Os socialistas propuxeron que as políticas de despezamento de buques teñan en conta o esforzo dos países membros para adaptar a flota histórica aos recursos existentes. Sinala que a nova PCP debe incluír un marco normativo que apoie, consolide, modernice e forneza a pesca artesanal e de baixura, xa que constitúe un “instrumento fundamental de cohesión social, económica e laboral de toda a franxa litoral galega”.

Tamén reclamou incluír o marisqueo a pé como unha parte da PCP na nova reforma, integrando esta actividade en tódolos seus programas e accións e recoñecendo á muller mariscadora como un dos eixos vertebradores da sociedade mariñeira e a súa contribución á economía e á sociedade do litoral.

Reclamou así mesmo que o Fondo Europeo Marítimo e Pequeiro cumpra a función de modernización e dinamización da pesca e do marisqueo “dun xeito máis áxil, máis flexible e máis fácil na súa tramitación”. Os seus efectos, engadiu, deben estenderse ao desenvolvemento integrado das comarcas pesqueiro-dependentes “incluíndo no seu financiamento do marisqueo a pé e a acuicultura en tódalas súas formas”.

Perverter a soberanía do Parlamento

A responsable socialista acusou ao PP e á Xunta de “perverter a soberanía e a autonomía do Parlamento” ao tentar de “boicotear” o acordo do grupo de traballo da Cámara autonómica cando a Consellería de Pesca enviou unhas supostas conclusións que en realidade nunca foran acordadas entre os grupos.

Advertiu que “para o exercicio da democracia non valen os atallos e non vale supeditar o Parlamento aos intereses do Executivo porque aínda temos división de poderes”, e advertiu que o portavoz de Pesca do PP, José Manuel Balseiro, de ter provocado este conflito “por esperar ao último minuto” para que a Xunta rexistrara esta proposta e poder presentar unha iniciativa “porque senón non llela cualificaban”.

Aludiu á queixa formal presentada polos socialistas galegos á Presidencia da Cámara para reclamarlle unha nova cualificación dos documentos remitidos pola Xunta e da proposición non de Lei do PP “baseada en feitos falsos”. Sinalou que esta situación resulta “impropia dunha institución democrática, e a Presidencia do Parlamento debe vixiar para que estas cousas non ocorran”.

Explicou que ás 09,49 h. do pasado 30 de maio foi rexistrada unha proposición non de Lei do Grupo Popular en base a este documento “co único obxectivo de que entrara na Mesa do Parlamento das 10,30 h. e que puidera incluírse no próximo Pleno da Cámara. Salientou que o Grupo Popular “sabía previamente da existencia deste documento, xa que rexistraron a iniciativa antes de que ser repartido aos grupos ás 09,59 h. da mañá”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar